domingo, 12 de agosto de 2018

O río Eo de novo escenario de actividades lúdicas

.

Fuente: La Voz de Galicia


Desde o 28 de xullo ata o 1 de setembro • De balde e para todos os públicos • Os ríos e as praias fluviais da provincia serán de novo escenarios de actividades lúdicas e deportivas que organiza a Deputación de Lugo, de balde e para todos os públicos. 

Haberá inchables, tobogáns, balancíns, polbos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs, animacións musicais e xogos populares. 

O programa é o seguinte: 

Ribeira de Piquín. 28 de xullo. Área Recreativa Chao do Pousadoiro (17.00-20.00 horas).

A Fonsagrada. 5 de agosto. Praia Fluvial Pena do Inferno (17.00-20.00 horas). · 

Navia de Suarna. 11 de agosto. Área Fluvial A Pobra de Navia (16.30-19.30 horas).· 

Negueira de Muñiz. 15 de agosto. Área Recreativa Virxe da Veiga (16.00-19.00 horas).· 

Ribas de Sil. 16 de agosto. Praia Fluvial de San Clodio (17.00-20.00 horas).·

Láncara. 19 de agosto. Praia Fluvial da Pobra de San Xiao (17.30-20.30 horas).· 

Trabada. 26 de agosto. Ría de Abres (16.00-19.00 horas).· 

A Pontenova. 1 de setembro. Pozo da Ola (17.00-20.00 horas).