viernes, 31 de agosto de 2018

A Pontenova acolle a cuarta Festa da Malla


Fuente: Faro Ocio Norte
A Pontenova acollerá a cuarta edición da Festa da Malla este sábado, día 1 de setembro.
Está organizada polo Concello e colaboran Amigos da Malla e a Deputación de Lugo.
A malla comezará ás doce do mediodía, ás 13:30 horas haberá sesión vermú e a partir das 14:00 celebrarase a comida con un menú composto por empanada, arroz caldoso, costela asada e postre. O prezo é de 15 euros para os adultos e os nenos maiores de 3 anos pagarán 12 euros.
Ás cinco da tarde continuará a malla e ata as 20:00 horas haberá actividades acuáticas no Pozo da Ola. Durante toda a tarde tamén se celebrarán torneos de billarda e doutros xogos populares.
Ás 21:30 horas haberá pinchos para cear e a partir das 22:00 comezará a música en directo.