lunes, 23 de julio de 2018

Villares lamenta na Pontenova que se reduzan os servizos sanitarios no rural

El portavoz de En Marea, Luís Villares. XOÁN REY (EFE)

Fuente: El Progreso

O portavoz de En Marea, Luís Villares, alertou sobre a redución dos servizos sanitarios no rural por parte da Xunta de Galicia. Fíxoo nunha visita este venres na Pontenova, na que denunciou que no hospital hai unha praza de médico que non se vai cubrir, alegando que o cociente é suficiente, polo que sostén que non se está garantindo unha atención adecuada debido á dispersión e o envellecemento da poboación na zona.

Villares asegurou que tamén existe unha praza de celador que non se cobre e provoca "que moita xente maior teña que trasladarse ao centro para pedir cita e facer determinadas xestións que podería facer doutra maneira se a vacante estivese cuberta". Unha situación que, segundo advertiu Villares, se repite noutros municipios. En concreto, explicou que en Meira é necesario "un segundo equipo médico completo para atender a toda a poboación e cubrir unha praza de enfermeiro vacante".

Villares acusa á Xunta de "pedir por unha banda que a xente viva no mundo rural e despois non ofrecer servizos básicos para a cidadanía, como é un dereito á atención sanitaria próxima, vital para salvar vidas". "Esta situación non é exclusiva na Montaña lucense, se non que se está repetindo por toda Galicia e agrávase no verán co peche de camas nos hospitais e o peche de servizos de pediatría".