domingo, 27 de mayo de 2018

Vota polas 7 Marabillas da Mariña Lucense entre as que se atopan paraxes da Pontenova


E chegou o momento. Xa podedes votar! Aquí vos van as 112 marabillas da nosa Mariña Lucense (7 por concello). Debes escoller sete xustamente, nin máis nin menos, e cubrir os datos que se che piden (moi importantes para sortear os premios do concurso). E logo, a partir do 7 de xuño e ata o 20 de setembro, escoitar cada semana "Mariña Marabillosa", os xoves, de 20,30 a 22,00 horas, en directo, en Radio Valadouro (107.9) e Radio Burela (107.7) e os sábados, de 12,30 a 14,00 horas, en diferido, en Radio Foz (107.4). En sucesivas publicacións irémosche anunciando os días de emisión dos programas de cada un dos concellos.
O enlace no que podes emitir a túa votación é o seguinte:
https://docs.google.com/…/1K_dtvDw42ngaeO-vcXQqJzVm6qL…/edit
Lembra que tamén podes votar vía telefónica mandando SMS ou whatsapps ó teléfono 619389997, cos nomes das sete marabillas da lista que ti escollas.
Sorte e a desfrutar! Porque... a Mariña... é Marabillosa!