lunes, 5 de febrero de 2018

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

                                      PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3


SPORTING PONTENOVA 2 - S.D.C. XERMADE 1


Sp. PontenovaCarrera, Alvaro (Puente), Héctor, Bruno, Salva,  Andrés Bouza, Fran Fiallega, Charly (Borja), Alex , Adrian Pasarín (Villi) e Matelo. 

Goles: Adrián Pasarín (II)

O Sporting Pontenova, conseguiu volver a senda do triunfo. Tras un completo partido fronte a S.D.C. Xermade, rival directo pola permanencia na categoría no que os pupilos de Dani Moirón se impuxeron por 2-1, mum tarde de inspiración do dianteiro local Adrián Pasarín que foi o autor dos dous goles. 

Comezaba ben o partido para o equipo gualdinegro, que no minuto 20 xa mandaba no marcador ao rematar a gol un centro medido de Matelo, pero as veiras do descanso un ha xogada desafortunada, nunha das poucas chegadas do Xermade a área local o central Héctor introducía o balón na propia porteria establecendo o 1-1 co que se chegaría ao tempo de lecer. 

Na segunda metade, na máis comezar Adrian Pasarín logo dunha internada por banda establecia o definitivo 2-1. dende ahí ata o final, o Sporting Pontenova puido ampliar a ventaxa, pero non foi capaz de plasmar a superioridade no campo no marcador. 

Outra xornada mais, destacar a aportación dos xogadores do equipo xuvenil, plasmando unha gran actuación. 

A vindeira xornada visitamos A Polvoreira (Lugo), para rendir visita a S.D.C. San Roque, coa intención de continuar coa boa xeira de resultados e afastanos dos postos perigosos. Será o fin de semana do 17-18 e Febreiro debido ao parón competicional por motivo do Entroido. 

L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1

RIBADEO F.C./SPORTING PONTENOVA 11 - VICTORIA C.F. "C" 1

Ribadeo F.C./Sporting Pontenova: Mª del Carmen, Sheila, Sabela, Eva, Lucia, Vero, Chary, Nuria, Carolina, Irene e Cristina. Tamen xogaron Angeles, Amanda e Cristiane. 

Goles: Cristina (5), Vero (4), Nuria e Cristiane. 



SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8

RACING CLUB VILLABÉS "B" 4 - E.D.M./SPORTING PONTENOVA 6

E.D.M./Sporting Pontenova: Paulo, Marcos, Diego, Ismael, Paula, Mario, Yeray e David. Tamen xogaron: Iago, Ruben e Miguel. 

Goles: Ismael, Mario (4) e David.


¡AÚPA SPORTING!