martes, 6 de febrero de 2018

Denominación honorífica do Pavillón Municipal co nome “Pavillón Polideportivo Tito Margaride”

Resultado de imagen de tito margaride

Fuente: Bop Lugo

Aprobada inicialmente a denominación honorífica do Pavillón Polideportivo Municipal co seguinte nome “Pavillón Polideportivo Tito Margaride”, por Acordo do Pleno de data 25 de xaneiro de 2018, de conformidade co artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sométese a información pública polo prazo de VINTE días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio neste Boletín Oficial da Provincia.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello
A Pontenova, 29 de xaneiro de 2018.- O ALCALDE, Dario Campos Conde