domingo, 21 de enero de 2018

Entrega da mercancía recolectada pola Asociación As Minas na recollida solidaria


Na mañá deste pasado sábado os membros da Asociación Cultural e Deportiva As Minas recollían e cargaban toda a mercancía recolectada nesta campaña solidaria que veñen levando a cabo desde mediados de decembro a mediados de xaneiro.


Novamente a colaboración veciñal foi espectacular e as donacións tanto de roupa, coma de xoguetes ou alimentos foi masiva superando outra vez  a tonelada de mercancía que xa vai camiño da parroquia da Ramallosa en Nigrán (Pontevedra) donde os membros da citada asociación, despois dunha viaxe alí, puideron comprobar en primeira persoa todas as necesidades dos destinatarios.

GRACIAS a todos os que colaboraron en maior ou menor medida para tratar de facerlles a vida máis levadeira a unhas cantas familias que o están pasando realmente mal.