miércoles, 13 de septiembre de 2017

SPORTING PONTENOVA. ENTREVISTA

«Comezamos a liga incluso mellor do que pensabamos»

Dani Moirón, adestrador do Sporting Pontenova


O Sporting Pontenova está de volta na Primeira Galicia dúas décadas despois e de momento segue o camiño correcto para quedarse. Os resultados acadados nas dúas primeiras xornadas, empate no derbi ante o San Ciprián e vitoria no Páramo mantéñeno lonxe da zona de perigo e reforzan a confianza do equipo e do seu técnico, Dani Moirón (A Pontenova, 1987), un novato na categoría que cumpre a súa novena tempada no banquillo de A Mina e garda unha fe neste proxecto.

Sumar catro puntos en dúas xornadas non está nada mal para un recién ascendido.
Está moi ben, comezamos a liga incluso mellor do que pensabamos. Críamos que a adaptación nos ía custar máis, xa que o cambio é grande, pero parece que os erros que cometemos ante o San Ciprián nos serviron de lección. No Páramos estivemos moito mellor e teño que dicir que a xente que saíu do banquillo tivo moito que ver na vitoria. Os suplentes son tan importantes ou máis que os que xogan cada domingo.

¿Convéncelle a plantilla que ten? ¿Non lle parece un pouco xusta de efectivos?

Estou moi satisfeito co grupo de xogadores que teño. É certo que é un pouco curto, pero quixémolo así para que teñan oportunidades os chavales do xuvenil con máis proxección, como Álvaro ou Fran Fiallega. De feito, este último xogou os 180 minutos das dúas primeiras xornadas. A guinda ao pastel, para que fora unha plantilla de dez, sería a volta do central Héctor, que ten problemas físicos e quere estar ao 100 % para volver a xogar.

Volvendo ao partido no Páramo, o gol da vitoria chegou no minuto 94. ¿Sorte ou buscado?

Gañamos no desconto igual que puidemos perder. A sorte hai que buscala e ao longo dunha tempada acaba sendo xusta con todos os equipos.


¿Cales serán os principais rivais do Pontenova na loita pola permanencia?
Non sabería dicilo. Todos os equipos me parecen bos e con bos adestradores. Cando a competición vaia un pouco máis avanzada podería ser máis concreto.

¿E por arriba? ¿Ve a algún equipo superior ao resto?
Os recién descendidos, Sarriana, Lemos e Chantada, creo que teñen máis posibilidades. Pero eu non son quen para facer prognósticos, acabo de chegar.

La Voz de Galicia. Edición A Mariña. 13.09.2017

Complicado rescate de una senderista andaluza en un terraplén en A Pontenova

Vista de parte de la ruta de A Seimeira, en Sanxés. AMA

El Colegio de A Pontenova impartirá este curso más de un tercio en lengua extranjera

Resultado de imagen de lengua extranjera