lunes, 29 de mayo de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

XXXIV COPA DIPUTACIÓN 2ª E 3ª REXIONAL

SPORTING PONTENOVA 0 - S.D. GUITIRIZ 0

Rubenón, protagonista do partido
Sp. Pontenova: Ruben, Luis (Davicín), Hector (Borja), Bruno (Mac), Villi (Tontxu), Roi, Andrés Bouza, Carlos, Moro (Puente), Adrián Pasarín e Matelo.

O Sporting Pontenova logrou onte a clasificación grazas ao acerto do seu porteiro Rubén na tanda de penaltis que decidiu o choque copeiro ante a S.D. Guitiriz.

O partido, disputado no Campo da Mina, foi bastante igualado e acabou os 90 minutos con empate a cero no marcador, malia que o Pontenova dispuxo de dúas claras ocasións  na primeira metade, nas botas de Matelo, e doutra na segunda parte, nun cabezazo de andrés Bouza cara o final do encontro. A S.D. Guitiriz pola contra, case non xerou ocasións de gol. 

Cadro XXXIV Copa Diputación 2ª e 3ª

O 0-0 ao final do encontro obrigaba a decidir quen pasaba á seguinte rolda desde o punto de penalti. Comezou lanzando o equipo local, marcando gol. No primeiro tiro dos visitantes fallaron o seu penalti que atallou Ruben dando así vantaxe ao Pontenova e metendo presión ao Guitiriz. Os dous equipos fallaron o quinto e definitivo lanzamento da tanda, pero os goles de Carlos, Roi, Davicín e Maketo daban o pase aos locais.  


Na próxima eliminatoria, que xa son Semifinais, visítannos as E.D. Lourenzá nunha eliminatoria a partido único, que aínda non ten horario confirmado. 


 ¡Aúpa Sporting! 

Alumnos del IES Enrique Muruais viajarán a Oviedo

Resultado de imagen de alumnos ies enrique muruais

Actividad do fin de semana da S.D. Albións

Festas no Fontangordo na honra a San Bernabé