lunes, 10 de abril de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

C.D. COSPEITO 4 - SPORTING PONTENOVA 1

Xornada 29. Resultados e Clasificación Oficial
Sporting Pontenova: Xoel, Bruno, Mac (Hector), Davicín, Villi (Matelo), Andres Bouza, Borja, Cristian (Tontxu), Jorge (Carlos), Adrian Pasarín e Puente.

Gol: Tontxu

O Sporting Pontenova viuse sorprendido por un gran C,D, Cospeito e non puido sacar nada positivo do Campo de A Fonte. 

Comeza ben o partido para o cadro dirixido por Dani Moirón que tiña o control absoluto do partido, pero no min 35 o conxunto local adiantábase logo dunha boa xogada individual do seu dianteiro. Con este resultado se chegaría ao descanso.

Na segunda metade o Sporting Pontenova adiantou liñas en busca do empate, pero veríase sorprendido pola velocidade dos dianteiros locais e que se colocarían 3-0 logo de transformar un penalti e unha contra ben levada. Recortaría distancias o para o equipo gualdinegro Tontxu de penalti, metendo o equipo no partido pero o Cospeito non tardaría en colocar o 4-1 definitivo a saida dun córner. Dende ese momento ata o final, o Sporting intentouno, pero con mais corazon que cabeza e non conseguiu materializar as múltiples ocasions das que disfrutou en gol. 

Tontxu. Autor do gol
Con este resultado o equipo segue líder da clasificación, pero a tan só un punto colócase o C.D. Xermade, que na tarde de onte conseguiría tamen o ascenso matemático de categoría, e deste xeito acompañará o equipo de Dani Moirón a próxima temporada en 1ª Autonómica Rexional. 

Na última xornada o Sporting recibe o Meira F.C. no derbi, o cadro local xa ascendido precisa gañar para levantar así o título da categoría. O partido previsiblemente será o vindeiro Domingo 23.04.2016 as 17:00h no Campo da Mina. 

 Acompáñanos no último partido da tempada para despedir desta forma todos xuntos o que foi un ano deportivo histórico conseguindo o ascenso a 1ª Autonómica Rexional 20 anos despois. Fagamos do Campo da Mina unha festa na última xornada de liga. 


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

SPORTING PONTENOVA 3 - E.F. POLVORÍN 3

Sporting Pontenova: Diego, Alberte, Juan, Fran, Anxo, Roi, Pedro Neira, Mateo, Andrei, Ivan e Joselu. Tamen xogaron: Cubelas, Marcos e Raúl. 

Goles: Juan e Pedro Neira II

SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8

S.D. PORTO BURELA "B" 5 - E.D.M. SPORTING PONTENOVA 1

EDM/Sp. Pontenova: Paulo, Marcos, Samuel, Ismael, Ruben, David, Paula e Mario. Tamen xogaron: Diego e Bruno.

Gol: David

¡AÚPA SPORTING!

Festa da Pascua en Villaouruz


La Xunta suelta 79 ejemplares de trucha en el río Eo, a su paso por el municipio de A Pontenova

Suelta de crías de salmón. TWITTER