viernes, 8 de diciembre de 2017

O Festival Máxico por JL Lilo


O FESTIVAL MÁXICO por JL Lilo

O canto do mineiro era un cantar moi baixiño, dende as entrañas  da Mina resoaba na ponte Pedrido. Alegraba a quenes o ouvian naqueles menceres
húmidos, nos longos seráns do verán e facía cos páxaros  detiveran o seu piar.
Monte pelado polas máns de rexos homes que, cada día, engataban polo seu lombo e  furaban como toupas ata sair a craridade para respirar aire puro e ollar ao lonxe a San Mamede, Conforto e as brétemas da Insúa.
Ao fondo o rio Eo e ao seu carón a via do tren camiño do mar cántabro que guiaba os vagóns abordelados pola Chocolateira botando fumo mouro ca abafaba os morcegos guindados nos túneles. Non tiña presa en chegar, toda a ringleira de ferro escorabase na entrada e saida das pontes, namentras o mineral amontoado vixiaba aos viaxeiros que asomaban polas fiestras para ver o rio, as aldeas e as xentes coñecidas; dáballes tempo de saudalas e  preguntarlles pola familia.
A simbiose da mina co tren, cas persoas e ca natureza foi a revolución industrial de Vilaodrid-A Pontenova, que fixo de esta Zona unha referencia a perdurar no tempo, mutada en xen herdado para que as terceiras xeneracións non esquezan que fai cen anos nesta latitude xeográfica do Noreste da Galicia houbo unha explotación mineira que acarrexou emprego, comunicación ao mar,  unións de obreiros e cantos da mina.
Son relevantes os estudos históricos económicos recentes, un valor máis para manter viva a memoría e ao tempo para ilustrar as xentes sobor a importancia que tivo a produción do ferro. Ademáis, a historia e datos proveñen do esforzo e analise coidadoso feito por quén por profesionalidade sabe facelo e non escatima do seu tempo para sherlocknear nos arquivos ónde descansan as obras doutros percursores
Ao tempo non hai que esquecerse que xunto a unha revolución económica, politica e social, sempre xurdiu un sentir filosófico, narrativo e poético,como resultado de que os humans necesitamos para a propia existencia o agarimo e así poder  expresar os sentimentos. Ter unha razón para lavar a ferruxe que embatuña o corpo, compartir os segredos e dormir despois de bícala.Todos temos algo de Doutor Zhivago.
Aquí nesta Terra da Mina  tamén houbo avós Victor, Manoel, Ramón, que foron picadores do mineral e emporcaron os bronquios para toser arreo e  cando souberon que pechaba  a mina arrebolaron co pico por riba dos tellados das casas do Boulloso. Aquel día morreron de todo.
O Festival  é un acontecemento que ano a ano contribuie a manter viva  a Mina de Vilaodrid que diante de nós érguese como pirámide de faraón cuberta de árbores e mantén viva a lenda de que nunha das galerias repousan en vagoneta-cadaleito os picos, as pás, a mecha húmida e uns versos de amor: Rosiña, Rosiña miña; canto tempo neste pozo; que será da miña vida, si te namoras doutro mozo; Rosiña, Rosiña miña; quérote máis cada día.
Como é sabido nas concas minerias asturianas celebran cantos de minas e tamén en Andalucia, tendo moita relevancia en canto  cos cantores identificanse con esas terras mineiras e ao tempo percuran interpretar temas e letras con referencia específica ao traballo e vivenzas do mineiro.
Nen que dicir ten que son poucos  os adxetivos positivos  para engadir aos que teñen a responsabilidade e traballo de organizar o Festival das Minas, coidando ao mínimo detalle e enriquecendo cada ano o escenario, con grupos musicais de relavancia e ansiados polos que serán participes espectadores.
Agardamos que a ilusión, o esforzo e as gañas de manter a chama ardendo, non esmorezan nos vindeiros tempos e  co circulo dos artistas siga medrando e, como non, dando oportunidade a cantador/a asturiano, andaluz ou doutra latitude mineira, en proba de solidaridade  e confraternización con este Festival máxico da Mina.

Lembro que un veciño meu, vido das Asturias, cantaba ben e con sentimento:

Arrimadito aquel roble
dí palabra a una morena,
el roble será testigo
y ella será mío cadena.
Yo venía de la mina,
allá de Cabañaquinta,
ella estaba mui tristina
y yo le aflojé la cinta,
le cayó la saya al suelo
me  besó en la boquina
y yo le dí el consuelo.

Pobrina, morena mía