lunes, 18 de diciembre de 2017

Comunicado da A.C.D. As Minas



COMUNICADO A.C.D. AS MINAS:

Tras este tan exitoso XI FESTIVAL dende a asociación cultural e deportiva As Minas, primeiramente queríamos pedir disculpas por erros que poidemos cometer,  e despois, non nos queda máis remedio que agradecer de todo corazón ás persoas que asistides ó evento (dende a xente de A Pontenova, ata a dos concellos veciños e non tan veciños: gracias), pois sodes a alma do festi. Lembrarnos como non das axudas económicas e de loxística por parte do concello de A Pontenova e da Diputación, do concello de Pol pola carpa, tamén dos nosos patrocinadores. Mención especial ós mineiros que son a base deste festival e representan a tódalas persoas que axudaron a levantar este pobo. Como non, ós que colaborades connosco coa venta de tiquets, camisetas, lotaría, recollidas solidarias, a Albions que organiza con nos as carreiras solidarias, á xente que nos axuda ese día: os parrilleiros, os camareros, a quen nos fai o café, o diseño do mapa da ruta, a publicidade, quen nos axuda coa contratación dos grupos, ós propios grupos deste ano e dos outros por adaptarse tan ben ás nosas instalacións e horarios, ós técnicos de son e iluminación, ós grupos dos cantos de taberna, os grumires, a xente que cada ano pon o festi de disculpa para acercarse e ás asociacións que colaboran para dinamizar este marabilloso pobo. 

GRACIAS A TODOS por involucrarvos tanto e dar todas as facilidades. Dende esta desestresante asociación desexámosvos BO NADAL . A SER FELICES E A PENSAR NO ENTROIDO E NO 2018. Imos medrando e mellorando gracias a vós.