lunes, 27 de noviembre de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3

S.D. SARRIANA 2 - SPORTING PONTENOVA 1


Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Fran Fiallega, Salva, Villi (Moro), Andrés Bouza, Alex, Borja (Fran Fernandez), Jorge (Héctor), Adrian Pasarín (Franchi) e Matelo. 


Gol: Adrián Pasarín.

O Sporting Pontenova non puido traer nada positivo da súa visita a Sarria e acumula xa 6 xornadas sen gañar. 

Comezaba ben o partido para os pupilos de Dani Moirón, que no minuto 11, tras un maxistral saque de falta de Jorge, Adrian Pasaría cabezaba a rede establecendo o 0-1 no marcador. Pero pouco duraría a alegría xa que no minuto 20, tras un desaxuste defensivo o equipo local conseguia a igualada no marcador, resultado co que se chegaría ao descanso. 

Na segunda metade, o marcador reflectía a igualdade que se via no terreo no terreo de xogo, nun partido aberto. No minuto 70 a S.D. Sarriana conseguia darlle a volta o marcador, nunha xogada ben trenzada polo cadro que adestra Julio Corral. Dende ese momento ata o final, o Sporting Pontenova tentouno de todos os xeitos, con claras ocasións nas botas de Adrián Pasarín ou Moro pero o resultado xa non se movería. 

Con este resultado, o equipo gualdinegro achegase aos postos perigosos da clasificación,  con catro partidos da primeira volta ainda por disputar. 

A vindeira xornada recibe ao Ferreira C.F., equipo que ocupa postos de descenso, nun partido que terá lugar o próximo Domingo as 16:00h no Campo de A mina, e para o cal o equipo gualdinegro fai unha chamada aos siareiros para tentar cortar esta mala xeira e acadar un resultado positivo. 



PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 6

SPORTING PONTENOVA 2 - U.D. FERROVIARIA 1

Sp. Pontenova: Diego, Adrian, Dani, Alvaro, Anxo, Juan, Diego, Esteban, Cube, Ivan e Iago. Tamen xogaron: Fran, Gabry, Christian, Pedro Vadim e Miguel.

Goles: Fran Fiallega e Gabry.


L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1

SPORTING CAMBRE 0 - RIBADEO F.C PONTENOVA 4

Ribadeo F.C. Pontenova: Lorena, Sheila, Sabela, Lucia, Aranzazu, Chary, Nuria, Irena, Angeles, Cristina Carracedo e Cristina Fernández. Tamen xogaron: Iria e Bonia.

Goles: Cristina Carracedo II e Aranzazu II.


SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8

E.D.M./SPORTING PONTENOVA 4 - RACING CLUB VILLALBÉS "B" 1

EDM/Sporting Pontenova: Brais, Marcos, Ismael, Iago, Ruben, David, Mario e Iker. Tamen xogaron: Diego, Samuel, Paula, Paulo, Yeray e Bruno.

Goles: Mario, Paula, Iago e Paula.


¡AÚPA SPORTING!