lunes, 27 de noviembre de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3

S.D. SARRIANA 2 - SPORTING PONTENOVA 1


Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Fran Fiallega, Salva, Villi (Moro), Andrés Bouza, Alex, Borja (Fran Fernandez), Jorge (Héctor), Adrian Pasarín (Franchi) e Matelo. 


Gol: Adrián Pasarín.

O Sporting Pontenova non puido traer nada positivo da súa visita a Sarria e acumula xa 6 xornadas sen gañar. 

Comezaba ben o partido para os pupilos de Dani Moirón, que no minuto 11, tras un maxistral saque de falta de Jorge, Adrian Pasaría cabezaba a rede establecendo o 0-1 no marcador. Pero pouco duraría a alegría xa que no minuto 20, tras un desaxuste defensivo o equipo local conseguia a igualada no marcador, resultado co que se chegaría ao descanso. 

Na segunda metade, o marcador reflectía a igualdade que se via no terreo no terreo de xogo, nun partido aberto. No minuto 70 a S.D. Sarriana conseguia darlle a volta o marcador, nunha xogada ben trenzada polo cadro que adestra Julio Corral. Dende ese momento ata o final, o Sporting Pontenova tentouno de todos os xeitos, con claras ocasións nas botas de Adrián Pasarín ou Moro pero o resultado xa non se movería. 

Con este resultado, o equipo gualdinegro achegase aos postos perigosos da clasificación,  con catro partidos da primeira volta ainda por disputar. 

A vindeira xornada recibe ao Ferreira C.F., equipo que ocupa postos de descenso, nun partido que terá lugar o próximo Domingo as 16:00h no Campo de A mina, e para o cal o equipo gualdinegro fai unha chamada aos siareiros para tentar cortar esta mala xeira e acadar un resultado positivo. 



PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 6

SPORTING PONTENOVA 2 - U.D. FERROVIARIA 1

Sp. Pontenova: Diego, Adrian, Dani, Alvaro, Anxo, Juan, Diego, Esteban, Cube, Ivan e Iago. Tamen xogaron: Fran, Gabry, Christian, Pedro Vadim e Miguel.

Goles: Fran Fiallega e Gabry.


L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1

SPORTING CAMBRE 0 - RIBADEO F.C PONTENOVA 4

Ribadeo F.C. Pontenova: Lorena, Sheila, Sabela, Lucia, Aranzazu, Chary, Nuria, Irena, Angeles, Cristina Carracedo e Cristina Fernández. Tamen xogaron: Iria e Bonia.

Goles: Cristina Carracedo II e Aranzazu II.


SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8

E.D.M./SPORTING PONTENOVA 4 - RACING CLUB VILLALBÉS "B" 1

EDM/Sporting Pontenova: Brais, Marcos, Ismael, Iago, Ruben, David, Mario e Iker. Tamen xogaron: Diego, Samuel, Paula, Paulo, Yeray e Bruno.

Goles: Mario, Paula, Iago e Paula.


¡AÚPA SPORTING!

Celebración de Santa Bárbara 2017


A asociación As Minas preséntanos un divertido vídeo do XI Festival das Minas (15 e 16 de decembro)

Pincha na imaxen para visualizar o vídeo

miércoles, 22 de noviembre de 2017

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA



PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3

Domingo 26.11.2017, 16:15h (Campo de A Ribela - Sarria)

S.D. SARRIANA - SPORTING PONTENOVA 

PRIMEIRA XUVENIL. GRUPO 6

Sabado 25.11.2017, 16:15h (Campo A Mina - A Pontenova)

SPORTING PONTENOVA - A.D. FERROVIARIA

L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1

Domingo 26.11.2017, 19:00h (Campo Dani Mallo - Cambre)

SPORTING CAMBRE - RIBADEO F.C./SPORTING PONTENOVA

SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8 

Sabado 25.11.2017, 11:30h (Campo A Mina - A Pontenova)

E.D.M. A PONTENOVA/SPORTING PONTENOVA - RACING C. VILLALBÉS "B"

¡AÚPA SPORTING!

A Banda da Loba en concerto, sábado ás 20:30.


Recordatorio para los nacidos en 1956

lunes, 20 de noviembre de 2017

Cadela perdida en Xudán

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

                                 PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3

                               SPORTING PONTENOVA 2 - S.D. MONTERROSO 3

Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Fran Fiallega, Salva, Villi (Franchi), Andrés Bouza, Borja (Luis), Alex (Jorge), Matelo, Fran Fdz (Tontxu) e Matelo. 

Goles: Tontxu e Fran 


O Sporting Pontenova segue sumido na súa particular crise de resultados, encadenando xa 5 derrotas consecutivas. Nesta ocasión os pupilos de Dani Moirón caían fronte a S.D. Monterroso, nun partido moi igualado, no que o Sporting tivo opción de puntuar. 


Comezaba marcando so minuto 20 a S.D. Monterroso, 0-1 tras unha boa xogada trenzada polo equipo visitante, e con este resultado se chegaría ao descanso.


Na segunda metade, un claro penalti cometido sobre Adrian Pasarín, transformaríao Tontxu para establecer táboas no marcador, nunha xogada na que o defensor do Monterroso debería ser expulsado, pero o colexiado do encontro, cunha actuación moi polémica, non entendeu así. Volveía adiantarse a S.D. Monterroso ao saque dun córner 1-2, e poñería terra de por medio establecendo o 1-3 outra vez tras un saque de esquina. Fran Fiallega executando maxistralmente unha falta establecía o 2-3 no minuto 77, e con 13 minutos aínda por diante, o Sporting Pontenova apretou e dixpuxo de varias ocasións pero o balón non quixo entrar. 


A vindeira xornada,  o equipo viaxa a Sarria para medirse a S.D. Sarriana, nun partido que terá lugar a tarde do Domingo e no que o cadro gualdinegro tentará cortar a mala xeira de resultados. 


                                               PRIMEIRA XUVENIL. GRUPO 6

                                 S.D. PORTO BURELA 3 - SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Dani, Álvaro, Miguel, Juan, Diego Lombardero, Cube, Gabry, Fran e Cristian. Tamen xogaron: PEdro Vadim, Ivan, Adrian, Esteban e Iago. 



                                   L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1

RIBADEO F.C. PONTENOVA 3 - SPORTING BURGO 0

Ribadeo F.C. Pontenova: Cris Carracedo, Sheila, Sabela, Eva, Lucia, Vero, Aranzazu, Chary, Nuria, Carolina e Irene. Tamen xogaron: Angeles, Izaskun, Cristina e Amanda. 

Goles: Propia Porta, Nuria e Vero. 



                                               SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8 

                               S.D. VIVEIRO "B" 1 - E.D.M./SPORTING PONTENOVA 3

E.D.M./Sporting Pontenova: Brais, Marcos, Samuel, Ismael, Iago, Ruben, Paula e Mario. Tamen xogaron: Diego, David, Paulo, Miguel, Iker e Bruno. 

Goles: Iago, Mario e David. 



                                     ¡AÚPA SPORTING!