martes, 3 de octubre de 2017

HOMENAXE A MARCOS VEIGA "MAKETO"

Antes do comezo do partido Sporting Pontenova - SDC San Roque, coincidindo coas festas da localidade,  o Sporting quixo rendir homenaxe ó antigo xogador e capitán do club Marcos Veiga López, coñecido como Maketo, que este ano decidiu abandonar o fútbol.


Maketo chegou ó clube con 19 anos na temporada 2001-2002 cando o sporting Pontenovamilitaba na Rexional Preferente, e permaneceu nel un total de 15 tempadas, ata o remate da 2016-2017, destacando dous ascensos de Terceira a Segunda Rexional e a consecución do doblete (Liga e Copa) da tempada pasada, co consecuente ascenso a Primeira Rexional logo de 20 anos sin militar nesta categoría. 


Dende a entidade agradeceronlle o seu compromiso, adicación, humildade e valorestransmitidos as xeracións posteriores ao longo de todasestes anos para que este proxecto continúe máis vivo e con mais ilusión ca nunca.

¡GRACIAS CAPITÁN!