domingo, 24 de septiembre de 2017

Mañá córtase durante dous meses a LU-124, Lindín-Cruz da Cancela

.
Fuente: La Voz de Galicia


A estrada LU-124, entre Lindín e Cruz da Cancela, rexistrará desde este luns, 25 de setembro, e durante dous meses, un corte de tráfico con motivo das obras de mellora desta vía. O tráfico cortarase entre os puntos quilométricos 10+060 (intersección entre a LU-124 e a LU-125) e o 15+294 (glorieta coa LU-122 en Cruz da Cancela). Haberá sinalizacións para poder coller rutas alternativas.
Esta obra está executada aproximadamente nun 20 por cento e faise necesario un corte total pola execución das novas actuacións de drenaxe transversal, segundo informa a Xunta. Esta actuación, no treito comprendido entre o enlace de Lindín da autovía A-8 e A Cruz da Cancela, pretende acadar unha maior seguridade e comodidade dos usuarios da vía. Deste xeito, facilitaranse os desprazamentos desde a autovía do Cantábrico cara aos municipios da Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.