miércoles, 21 de junio de 2017

Fotos e texto da Cea Fin Temporada Sporting Pontenova



O pasado sábado celebrábase no local das asociacións a cea de fin de temporada do Sporting Pontenova con gran participación tanto de xogadores, corpo técnico, directivos, patrocinadores como de siareiros e simpatizantes en xeral.

Como breve resumen a esta magnífica temporada do club, destacar que o Sporting Pontenova conta con 3 equipos:

1. Un Equipo en Categoría Alevín, con rapaces de primeiro ano e incluso competindo con xogadores en idade
Benxamín, que competiron dignamente e que día tras día mostraron a súa progresión non perdendo nunca a ilusión.

2. Un equipo en Categoría Xuvenil, que plasmou un bo papel na liga e chegou a 1/4 de final da Copa Deputación de
Lugo. Do cal, ano tras ano saen bos xogadores que surten o equipo sénior. E aínda que ano tras ano nestas pequenas
poboacións é máis dificil atopar rapaces, é unha prioridade para o club sacar un equipo nesta categoría.

3. Por último, a xoia da coroa esta temporada, o equipo que ilusionou un pobo, o equipo que fixo soñar, o equipo
sénior do club, o equipo de Dani Moirón. Competiu en Segunda Rexional, conseguindo o ascenso de categoría a 1ª Rexional 20 anos despois e conseguiu gañar a Copa Deputación 16 anos despois impoñéndose nunha trepidante final ao C.F. Friol. Este rapaces escribiron unha nova páxina na historia deste club. 

4. Citar tamen que está avanzado un proxecto para a creación dun equipo de Fútbol Sala femenino dentro do
organigrama do Sporting Pontenova, que xa comezaron a adestrar esta temporada pasada.

Todos os xogadores do equipo Alevín, pertencentes ás Escolas Deportivas Municipais e integrados no Sporting Pontenova, recibiron unha medalla pola súa participación un ano mais nestas actividades promovidas polo Concello da Pontenova.

Fíxose entrega dos galardóns aos mellores da tempada 2016/2017 por parte de:

Darío Campos (Alcalde de A Pontenova) 
Luis Lopez (Xerente de de Industrial Recense)
Suso Cabodevila (Concelleiro de Deportes do Concello da Pontenova) 

XOGADOR MÁIS REGULAR de cada categoría:

Categoría Alevin
 Mario Bouza
 Entrega: Dario Campos (Alcalde do Concello da Pontenova)

Categoría Xuvenil
 Juan Ginzo
 Entrega: Luis Lopez (Xerente de de Industrial Recense)

Categoría Sénior
 Adrián Pasarín
 Entrega: Suso Cabodevila (Concelleiro de Deportes do Concello da Pontenova)

MÁXIMO GOLEADOR de cada categoría:

Categoría Alevin
 David Ginzo – “O Killer da Picota” (10 Goles)
 Entrega: Entrega: Dario Campos (Alcalde da Pontenova)

Categoría Xuvenil
 Fran Fiallega – “ O Depredador de Rececende” (12 Goles)
 Entrega: Luis Lopez (Xerente de de Industrial Recense)

Categoría Sénior:
 Andrés Fernández “Matelo” – “El pistolero” (23 Goles)
 Entrega: Suso Cabodevila (Concelleiro de Deportes do Concello da Pontenova)


MELLOR XOGADOR de cada categoría:

Categoría Alevín
 Marcos Macia
 Entrega: Luis Lopez (Xerente de de Industrial Recense)

Categoría Xuvenil
 Alvaro Rego
 Entrega: Suso Cabodevila (Concelleiro de Deportes do Concello da Pontenova)

Categoría Sénior
 Roi Campos
 Entrega: Dario Campos (Alcalde da Pontenova) 

Tamén estuvo presente a xunta directiva do Sporting Pontenova:

 Manuel Ginzo - Vicepresidente
 Jose Villar – Tesoureiro
 Jose Manuel Corveiras – Presidente
 Jose Linares - Vocal

XOGADOR QUE MAIS PROGRESOU en cada equipo durante esta tempada:

Categoría Alevin
 Paulo Ramallal (Porteiro)
 Entrega: Jose Villar

Categoría Xuvenil
 Dani Petre Nabriga
 Entrega: Manuel Ginzo

Categoría Sénior
 Luis Lopez
 Entrega: Jose Linares


Xogador máis tarxeteado do clube (Todas as Categorías):

 Xogador “Amarelo”: Marcos Gomez “Villi” (10 Tarxetas)
 Entrega: Jose Villar

Xa para ir finalizando, premio ao MELLOR XOGADOR DO CLUB desta tempada
(De todo o clube - Todas as categorías):

 MELLOR XOGADOR DA TEMPADA 2016/2017, premio ao que optaban TODOS os xogadores do club, este ano:

 Andres Bouza Cerecedo
 Entrega: Jose Manuel Corveiras – Presidente do Club

Seguindo coa entrega de recoñecementos, a directiva quixo ter unha consideración cunha persoa que está intentando por todos os medios a formación dun equipo de fútbol sala femenino, sendo a precursora e loitando contra vento e Marea:

 Reme Val
 Entrega: Manuel Ginzo

Por último, a directiva tivo un detalle cos principais artífices (que non únicos) que fan que isto sexa posible e podamos seguir dando guerra nos campos:

 En agradecemento a... INDUSTRIAL RECENSE
 Entrega: Jose Linares

 En agradecemento a... CONCELLO DA PONTENOVA
 Entrega: Jose Manuel Corveiras

 En agradecemento a... O LAR DE BALBINA
 Entrega: Jose Villar

 En agradecemento a... ACERDINO GONZALEZ
 Entrega: Manuel Ginzo

Como colofón a esta Gala, a directiva, corpo técnico e xogadores do Sporting Pontenova quixo ter un detalle especial cun compañeiro e amigo, que debido a un grave accidente de circulación (que o ten apartado dos terreos de xogo) está pasando unha mala época.

Todos confiamos que no menor período de tempo posible, poidas volver estar facendo unha das cousas que mais che gusta, que non é outra que xogar o fútbol. ¡ÁNIMO ANXO!
 Entregaron: Os capitáns do Sporting Pontenova