viernes, 16 de junio de 2017

A Deputación destinou 690.000 euros a mellorar estradas na Pontenova


Darío Campos supervisou xunto ao tenente de alcalde Francisco Martínez as obras provinciais



Visita a unhas obras na Pontenova. AMA

A Deputación Provincial de Lugo destinou case 690.000 euros a obras de mellora en diferentes estradas do municipio da Pontenova. O presidente do ente provincial e á súa vez alcalde da Pontenova, Darío Campos, percorreu este martes varios dos traballos que a Deputación está a desenvolver neste municipio. Fíxoo acompañado do concelleiro de persoal, obras e urbanismo, Francisco Martínez.
Campos apuntou que por exemplo se destinaron partidas importantes a arranxos en Rececende ou a viarios que conectan con municipios veciños como A Fonsagrada ou Ribeira de Piquín. Concretamente recordou que "con 43.000 euros, melloráronse accesos públicos en Rececende", localidade que visitou "para coñecer o parecer dos veciños sobre os traballos de pavimentación que se levaron a cabo"
Consegue a información completa