lunes, 8 de mayo de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

XXXIV COPA DEPUTACIÓN DE LUGO SEGUNDA E TERCEIRA REXIONAL

MONDOÑEDO F.C. 0 - SPORTING PONTENOVA 3


Sp. Pontenova: Rubén, Luis, Mac, Bruno, Tontxu (Villi), Borja, Andrés Bouza, Puente (Jorge), Adrian Pasarín (Moro), Carlitos (Davicín) e Matelo (Cristian)


Goles: Tontxu e Adrían Pasarín II

O Sporting Pontenova solventa con autoridade a 1ª Ronda da Copa Deputación de Lugo, ao impoñerse por 0-3 nun feudo dificil, ao Mondoñedo F.C. Os goles serían obra de Tontxu e Adrián Pasarín en duas ocasións. 

A vindeira xornada o Sporting Pontenova visita o Campo da Granda (Rúa - Cervo) para medirse a S.D. Candelaria. 

Importante recordar que todas as eliminatorias desta edición son a partido único. 

COPA DEPUTACIÓN DE LUGO XUVENIL

SPORTING PONTENOVA 2 - A.D. SAGRADO CORAZON 1


Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Dani, Alvaro Juan, Roi, Pedro Neira, Anxo, Joselu, Marcos e Ivan. Tamen xogaron: Pedro Vadin, Fran e Mateo. 


Goles: Roi e Fran  

O equipo dirixido por Andrés Bouza, colase nos Oitavos de Final da Copa Deputación de Categoría Xuvenil, logo de derrotar a un dos favoritos, nun completo partido. Roi e fran anotaban para o cadro gualdinegro e confirmaban o pase a seguinte eliminatoria, que será ante a Milagrosa no Campo da Mina. 

SEGUNDA AUTONÓMICA NORTE ALEVÍN F-8. PREVIA DE COPA

VIVEIRO C.F. "B" 0 - E.D.M./SPORTING PONTENOVA 0


E.D.M./Sp. Pontenova: Paulo, Marcos, Samuel, Iago, David, Paula, Mario e Leandro. Tamen xogaron: Diego, Ismael, ruben e Bruno. 


O equipo alevín das Escolas Deportivas Municipais do Concello da Pontenova terminaba a competición por esta tempada cun meritorio empate na súa visita a Cidade do Landro. O equipo dirixido por J.M. Miranda foi mellor, pero non soubo plasmar a súa superioridade en goles. 

Nun ano de adaptación a nova categoría, con nenos/as moi novos, rematan con moi boas sensacións e cun gran proceso de aprendizaxe, tanto deportivo como educativo. 

Os adestramentos continuarán ata o Martes 30.05.2017 no seu horario normal. 


¡AÚPA SPORTING!