sábado, 13 de mayo de 2017

O HULA rinde homenaxe a Fernando Veiga de Saldoira

Fuente: Web Sociedade Galega de Xerontoloxía


Servizo de Xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) organiza -para o sábado 20 de maio as 11.00 horas no seu salón de actos– unha homenaxe pública ao doctor Fernando Veiga Fernández, xefe deste servicio e ex presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) falecido inesperadamente o pasado 21 de maio de 2016.
A SGXX participa nos actos da homenaxe coa intervención do seu presidente, Miguel Ángel Vázquez Vázquez que vai recordar públicamente a traxectoria de Veiga na entidade durante máis de dúas décadas. Alí “foi moi querido e respetado como en todos os lugares onde traballou e vivíu” comenta Vázquez, “tanto na súa faceta personal como profesional” onde, engade, “desenvolveu un intensísimo labor a prol das persoas maiores, da súa profesión e da ciencia, con dedicación plena e desinteresada como xeriatra independente ou no HULA e como gran investigador e científico”. Principalmente na SGXX, matiza o presidente da entidade, “onde foi o seu segundo presidente e despois vogal durante moitos anos e como autor e divulgador de multitude de publicacións propias”.
Por iso a SGXX invita a todos os seus socios e socias a este acto de recordo e memoria cun programa especial de intervencións e a actuación do coro do HULA (consultao premando aquí).
Fernando Veiga foi xefe do Servizo de Xeriatria do HULA do Servizo Galego de Saudepresidente da SGXX e un gran referente cientifico da xeriatria clinica en España. Creou o primeiro e maior Servizo de Xeriatria do sector publico sanitario galego e viña sendo un apoio sobresainte para moitas familias e doentes maiores que tiñan nel non somentes un medico excelente, senon un conselleiro e amigo, con un xeito de facer mediciña que aportaba o valor dunha humanidade que o distinguía e era exemplo para todos os demáis.