sábado, 13 de mayo de 2017

O CASADO CASA QUER por JL. Lilo (8ª escena)


Escena 8 – O casado casa quer por JL. Lilo

Son as seis e media do serán, Enriqueta e convidados e o señor cura ca sua irmá chegan a porta da Casa de Agosto, cando a negrura da noite amanta o Castro da Picota e o zoar do vento abanea facendello rumbar ó vello loureiro que polo lado norde protexe o palleiro.
Dánse as boas noites e saudanse como si fixera tempo que non se vian e escorrentan   o frio ca fogaxe  dos corpos, fel testemuña que hoxe é día de festa.
Con tanta aperta mesturada o abade engadellaselle a sotana no picaporte da porta e escorase enriba de Evita, mentras que Enriqueta bate con él e ao tempo que Modesto terma dila para que non se convirta en santa nesta vida.
Domi non se sabe que existe e Carmina queixase do arrepio que lle produce a noite.
Enriqueta : Chamamos ou seguimos aterecendo no camiño...xa está ben de amasarse.
Todos rin a ocurrenza.

Justo: Enriqueta, tú debiste ser una saltarina de penjamo

Enriqueta: Señor cura, unha Santa Rita non... sempre fun muller alegre, ja, ja, ja

Carmina: Justo,  sabes que la fiesta no puede apartarte del Evangelio... las tentaciones te traicionan.

Desto: Don Justo, así me gusta la acción católica, hoy  daremos de comulgar en casa  y fuera de ella...¿ que opinas, Evita... mi tanguera?

Ca risa, o cura agachou a cabeza  e por moi pouquiño non senta o cú na bañeira do cocho que está a remollar debaixo do goteiral.

Domi  tulla no picaporte e entra, neso volve a luz, estopándose no centro da cociña apampado e cos ollos medio pechados.

Ida ..E os demáis quedan fora?.. e sae a porta.
¡¡ Ay Señor, co frio que fai, non ouvimos chamar ¡¡ estaredes conxelados?

O cura: No, Ida, estamos en tiempo de saludo y pasando lista.

Desto: (solta un berro) ¡¡ presente¡¡ Modesto del Rio.

Candi: (desperta no escano) e di :..Quén demo anda ahí.

Contestan os de fora:  Muchos señora, muchos...

Unha vez feitos os saudos e presentacións de rigor, vánse acomodando ata que hai asentos.
Domi e Esperancita quedan de pé xunto a lacea e ollanse de esguello, sen dicir nen pio.


Gumer: Modesto, canto tempo.. si no entiendes te hablo en arxentino (rí a propia   ocurrencia)

Desto: Amigo de  Casa de Agosto, entendo ben o galego, solo hablo lo que se me pegó por el mundo cuando saboreo las chiquitas.

Gumer:.. Que crase de chiquitas, aquí  nesta casa só hai unhas.. as de viño..¡ Veña viño¡

De novo, Manoel María co acordeón e cantando, Gumer facendo o baixo, isa de:


“ Ay que te lo ví, ay que te lo ví,
en el mes de Mayo segando maiz..”,

“Pasei pola tua porta e enganchei na pechadura,
unha fala non a deches corazón de pedra dura”

Animase don Justo ao canto:

“Como corre la criada
detrás del fillo que marcha
para el frente y con  sótana”
¡Que vergüenza,¡¡ que la saque¡¡,
veña el demu y que me mate¡


Ernesto , Yanet, Elio e Dionisio, están facendo o coro
Ida, Evita e Carmina falando
Candi cas mans no regazo toqueando e ao seu carón Enriqueta
Finita estase poñendo os hábitos, ten que coller o tren das dez da noite para Ribadeo, durme no convento das Clarisas e doutro día vaise para Viveiro.
Espe e Domi  saen para fora.

Elio: Eu lisco...voume ata Carreirachá.

Ida: Pro fillo, ontes Trasdacorda e hoxe que se che perde por alí?

Gumer: Vai con coidado...o rio baixa cheo e a ponte de Pedrido é perigosa que ten moitos paseantes...ou cos pasean...dalle recordos meus ó parente do Pé da Viña

Enriqueta: Agarda Esperancita, deixa  que pase o inverno...os casoiros millor no verán.

Espe: Vostede tamén cre nos contos... a xente goza con darlle a lingua.

Enriqueta: Non te poñas así muller...outras quedamos para vestir santos e buscamos a vida.

Gumer: Don Justo, por favor, dígalle agora a miña Ita si  predice ou non o casoiro de Espe.

Modesto: Casa Esperancita?.. qué buena noticia...oiste Evita, tenemos boda.

O cura: Modesto, Modesto...si la hay  te avisará Domi a ti primero.

Desto: .. Abade no sea boludo... o está para foderme.

O cura: No es mi intención, pecaría...de homes nunca quise saber nada.

En isto, entran na casa Espe e Domi

Espe:  Nós vamos baixar ao baile do salón ... xa se nos fai tarde.

Ida: .. Abrigádevos e levade o foco...apretadelle a pila cun paociño...non fai ben contacto.

Gumer:  Desto, ti e máis eu aquí non pintamos nada...¡¡ o que perde o mando na casa¡¡. arrincamos botar un tute a Casa do Pildaro?...ainda egual se anima Manoel si chegou dos xatos.

Dionisio: Yo me apunto a ese tute.

Justo: Creo que sin mi poder divino a la partida le faltaría espiritualidad.

Gumer: Ai que leria das alturas.. señor cura,..canto rin o outro domingo no Reguengo.. poido contar?:

Estaban ca partida ao tute o Sr. Cura, aquí presente, e tiña de compañeiro a Pepe de Flores, contra , José Arango (pai) e Pepe de Pedro Factor, perdian Flores e monseñor , por  unha mala xogada do aludido cántaronlles as corenta en copas, entón, Pepe de Flores,  dille : “Don Justo, está o que estamos ou é que non se acorda si pechou a sancristía  con alguén dentro...”. Pepe de Pedro colleu a puntada e rosmou:
 “Iso pasalle a quén ceiba as galiñas e deixa algunha  dentro do puleiro e ata a noite non se da conta...”

Arango, ja,ja, ...van ardendo, que non o queimen Don Justo.

Como sabedes, Don Justo é tranquilo e non rechistou, fixo como sin non fora con il.

Cura:..Gumer,  tú no crees en las prediciones y quieras o no te la van predecir...con la gracia de Dios.

Modesto: Predición cumplida alegra la vida... la sangre Del Rio hierve.

Yanet e Carmina: Ernesto, estamos hablando que nunca vimos peliculas de moros...bajamos al cine?


Ernesto: Sen problema, explicareivos o que supón a castración do moro para quenes pateamos o deserto en percura de sombras  e ca soidade do medo metido no corpo.