sábado, 27 de mayo de 2017

Moción presentada polo Psoe no pleno do Concello o 25/05/2017

Resultado de imagen de RIO EO

A continuación reproducimos literalmente unha moción presentada no Concello no pleno
celebrado o xoves 25 de mayo polo grupo Socialista e que foi aprobada por unanimidad por todos os grupos políticos. En breve comenzarán as reunións dos portavoces municipales dos Concellos afectados e sectores implicados para promover as distintas líneas de actuación (estudios científicos por personal cualificado, etc, etc,...)  e instar ás administracións competentes na materia a que realicen ditas actuacións.

MOCIÓN ÍNTEGRA:

Sr. Alcalde, Srs. Concelleiros.

A Pontenova está localizada nun enclave auténticamente privilexiado pola beleza do entorno natural, pola pureza das súas augas, pola sostenibilidade das especies, pola dinamización turística a través da pesca e pola concienciación medioambiental dos seus veciños.
O río Eo é fonte inesgotable de saúde para A Pontenova. Saúde natural pola beleza do cauce, saúde interior pola paz que nos presta e saúde económica pola dinamización da vila a través da pesca. O río Eo marca a pauta da dinamización socio-económica de A Pontenova e comarca.
Debemos ter presente que estamos na “Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, cuarta Reserva da Biosfera declarada en Galicia pola UNESCO, coa singularidade de sela primeira impulsada e compartida por dúas autonomías.
A beleza natural da comarca e os magníficos escenarios de pesca son as pedras angulares do noso patrimonio medioambiental.
Froito dese potencial, A Pontenova dispón de seis coutos salmoneiros (Lotes 1, 2, 3 e 4 de A Pontenova, e os lotes 1 e 2 de Salmeán). Para troita e reo temos os acoutados de Xinzo e Vilarmide.
Atesoura o río Eo os tres salmónidos. Mentres en moitas comunidades españolas xa non teñen máis que ciprínidos ou especies consideradas menores, nós temos os tres grandes: a troita, o reo e o salmón. Este é o feito diferencial. O lembrado mestre nas cousas da pesca e da comunicación, Rafael del Pozo, dixo en vida que un río con salmónidos é sinónimo de calidade de vida.
A cultura salmoneira de Galicia ten un referente na Pontenova. O Eo, autorizado polo Pai Miño e ben secundado polo Ulla, segue sendo o punto de encontro para moitos pescadores que buscan o rei do río nuns coutos deseñados pola nai natureza para esparexemento dos humanos.
O reo, ese peixe provocador da enfermidade que din incurable como é a reomanía, tamén habita as nosas augas.
Ademáis dos tres salmónidos, o río tamén ten lamprea e escalo.
E a Festa da Troita da Pontenova é, sen ningún xénero de dúbidas, e que me perdoen noutras localidades onde a troita tamén é o suxeito protagonista, a exaltación troiteira máis importante de Galicia.
A Festa da Troita é un selo de autenticidade, un garante para esta vila e unha referencia para os pescadores de toda Galicia e mesmo doutras comunidades españolas.
A Festa da Troita da Pontenova ten a súa orixe en 1978 sendo referencial en Galicia pois os concursos de pesca acollen a más de 200 pescadores. Con tal cantidade de canistas en 25 km de río, poderemos entender os concursos como un auténtico espectáculo deportivo.
Dende o a primeira edición, foi atesourando un rango de seu ata ser declarada Competición de Interese Deportivo Nacional pola Asemblea da Federación Nacional de Pesca e, en 1.999, Festa de Interese Turístico.
Polo conxunto de actividades en si e polos concursos de troita, salmón e pesca a mosca, nos últimos anos estamos acadando moitos dos nosos obxectivos como ser un auténtico referente no mundo da pesca e que A Pontenova ocupe un lugar destacado entre as preferencias dos pescadores foráneos.
Nos últimos anos, o paso pola Pontenova de destacados deportistas como os campions do mundo de pesca a mosca e recoñecidos xornalistas do sector, foi noticia a nivel nacional e puxeron á Pontenova no mapa da pesca na xeografía da península.
Vivimos nunha terra marcada polas augas do Eo e o Rodil, que son fonte de saúde e verxel natural marcando o ritmo a cotío nesta comarca e servindo de guieiro dun pasado esplendoroso.
Dende a Serra do Miradoiro, a máis de mil metros de altitude, aos regos que se unen en Fonteo, vai o Eo facendo acopio de auga para chegar mansamente ao Espazo Natural Protexido que é o esteiro no Cantábrico.
Nestes case 80 km de trazado sinuoso, marcando a fronteira natural entre Galicia e Asturias, o Eo atravesa o corazón da Pontenova dándolle e marcando o seu carácter.
O río é fonte de saúde, o Eo é a arteria motor desta comarca e a cultura da pesca ten senlleiros alicerces nestas terras.
O Eo e o salmón, por nome e tradición, acaparan todo o interese e, ás veces, deixan en segundo plano a outros nomes como San Tirso, Rodil, Turía, Riotorto, Vilarmide, Xinzo, Ribeira de Piquín e Chao do Pousadoiro que tamén conforman o conxunto ribereño comarcal.
E se nos atemos ás aseveracións de numerosos profesionais da comunicación que nos están visitando nos últimos anos, a verdade é que un documental gravado no Eo non difire en esencia e beleza a outros realizados en paraísos de pesca como son Alaska ou Islandia.
Os Lotes salmoneiros da Pontenova, en especial o 2 e o 3, seguen sendo unha luxuria salmoneira para as canas máis selectas e, a pesar dos problemas dos últimos anos e da baixada en capturas, A Pontenova segue marcando o paso salmoneiro dun río que compartimos co Principado.
Habería que reparar en que manter o Lote 2 de Salmeán como salmoneiro non ten sentido e iso lévanos a pensar que cómpre reformular os lotes da Pontenova para o seu mellor aproveitamento.
Dende hai anos estamos asistindo a una caída en picado dos nosos recursos piscícolas e D. Álvaro Cunqueiro dicía na Cociña Galega que as troitas grandes no son as máis saborosas e que  “unha troita de dez centímetros está moi ben”, pero non deixa de ser ilegal levala para casa.
A dicir dos eruditos, hai probas arqueolóxicas que certifican que estas terras xa estaban poboadas na Idade de Pedra, momento no que os humanos vivían do río e dos bosques, é dicir, da caza e da pesca.
Non podemos permitirnos renegar ou obviar que a pesca vai parella á evolución humana pero a realidade é que mentres o humano progresa no estado do benestar, os salmónidos loitan contra a contaminación, as presas, as especies invasoras e os furtivos.
Como un paso máis na divulgación dos valores da pesca, o Concello inaugurou en 2016 a Aula de Interpretación da Pesca, coñecida popularmente como “Museo da Pesca”. Está instalada no edificio de Turismo, na antiga estación do tren e amosa canas, carretes e outros trebellos de pesca verdadeiramente excepcionais.
Tamén en 2016 foi presentada a “Plataforma polo río Eo”, entidade que aúna o sentir de A Pontenova e sociedades de pescadores da comarca, ademáis doutros colectivos sociales, a favor da pureza das aguas e a sostenibilidade da pesca.
Negar a realidade da pesca na Pontenova é una ousadía por iso debemos dar un paso máis, colexiadamente, unidos fronte ao deber común, e propoñer e apoiar a moción “Plan pola Protección do Eo” que se basea nunha serie de puntos de máximo interese:
1º.- Cómpre realizar un estudo pormenorizado da conca fluvial do Eo detectando e denunciando os verquidos ao cauce.
2º.- A ameaza das especies exóticas invasoras xá está presente no Eo:
Por una banda a fauna. Debemos manter a salvo o Eo do visón americano, carpas e black-bass que xa están presentes noutros ríos galegos. Tamén debemos dar un paso na detección da ameixa asiática que xa está colonizando o Miño e o Ulla e que inevitablemente chegará ao Eo.
Por outra banda, a flora. No baixo Eo xa hai constancia de acacias alóctonas invasoras que ameazan á vexetación da Pontenova. Esas especies alóctonas xa están presentes no couto de Louredal e ameazan con chegar ás “Rutas Verdes” que tanto predicamento teñen na actualidade. Tamén hai Fallopia Japonica (bambú xaponés) e Cortaderia selloana (herba da Pampa).
3º.- O que hai anos se consideraba unha peste como era a poboación de escalos pasou a ser meramente testimonial. O escalo forma parte da biodiversidade en conxunto e tamén se debe estudar por qué pasou de habelos en abundancia a una presenza simbólica. 
4º.- Debemos solicitar a actuación da Confederación Hidrográfica do Norte para que se limpe o cauce de árbores caídas que represan a auga.
5º.- Ao ser un río, en parte compartido, habería que chegar a acordos co Goberno do Principado de Asturias en base a una gardería máis efectiva para evitar o furtivismo e a pesca ilegal.
6.- As ameazas son constantes. Semanas atrás, A Pontenova acolleu una reunión das sociedades de pesca galegas e asturianas para redactar un manifestó solicitando unha solución para a hiperpoboación de cormorán que tanto daño fai no río.
7º.- Deberíamos solicitar un estudo científico que aborde a posibilidade de autorizar a pesca sostible da lamprea como un eixo de acción para os nosos establecementos hosteleiros. O turismo rural é unha actividade motora en toda a Reserva con máis de 170 establecementos.
8º.- Tamén sería necesaria a posta en marcha dunha campaña publicitaria, na medida das nosas posibilidades, para seguir dando a coñecer e divulgar os valores medioambientais do río Eo e da Pontenova.
9º.- Dado o interese común desta acción conxunta, habería que involucrar aos concellos limítrofes e organismos superiores como Mancomunidade, Diputación e Xunta de Galicia.
10º.- Solicitar da Xunta de Galicia a reorganización dos acoutados do río Eo para un mellor aproveitamento da pesca sostible ampliando os tramos sen morte.
Por todo isto e tendo en conta as aportacións de todos vostedes, solicito a aprobación unánime para o “Plan pola Protección do Eo” que poderemos desenvolver a curto prazo.