martes, 25 de abril de 2017

O CASADO CASA QUER por JL. Lilo (7ª escena)

Escena 7 – O casado casa quer

  

Ernesto- Xarxento do Reximento de Regulares de Melilla (ano 1936)
Na Casa de Agosto, sentados a mesa, nas cabeceiras Gumer e Elio, nun lateral   Esperancita e Finita e no outro, Ida e Cándida.
Finita bendice a mesa, mentras a sua nai xa está a carrexar as fontes dende a cociña.
Cándida fai pouco caso, por edade e dureza da vida, ten achaques de saude, unha pouca de fatiga e  de oido anda como unha toupa
A piques de comenzar a comer a sopa, síntese abrir a porta e tódolos ollos se dirixen a ela e de súpeto aparece Ernesto vestido con traxe de paseo, co faxín e gorro roxos, éste na cobacha enganchado ao pescozo polo barbadelo, desbargoletado e cas botas cheas de lama. Correron todos abrazalo, a nai e irmás comiano a bicos, namentras laiaban a sorpresa, pai e irmán agardaban a velo ceibe dos agarimos das mulleres e Candi ca cabeza gacha  seguía comendo a sopa denantes que se lle enfriara.

Ernesto, xarxento de Regulares en Melilla, tocarelle por quinta e sorteo, era a praga de moitos mozos galegos. No Rif e Ifni había escaramuzas cos  moros que loitaban contra o invasor e él era cabo primeiro, pois fora a escola da Picota sendo mestre Don Enrique Muruais, poriso sabía moi ben as catro regras e moita xeografía. Nesto  era forte e duro como un buxo, non coñecía  o medo, exemplo é  que nun avance dos moros  dacabalo, expertos guerreiros en manexar as coitelas curvas que facian  corte limpo nas gorxas dos inimigos, o cabo primeiro “Wikingo”(alcume que lle puxeran) quedou soiño detrais dunha morea de mortos e cando a gatas estaban chegando para  degolalo, ergueuse como un garañon, co fusil nunha man e coitelo na outra , botando uns ronquidos polo nariz que levantaban un nubereiro de area e levou por diante a dez, ao tempo, corria detrás dos outros como o can de Enriqueta cando vai trabar a alguén, ata cos perdeu de vista nas dunas, para os berebés foi  unha maldición de Ála.
Nomearono o Soldado Regular de máis atributos do Norde de Africa Colonial, condecorarono ca Medalla de Isabel La Católica e a Cruz con Media Lúa do Corpo de Regulares e puñeronlle os galóns de Sarxento Maior, con dereito a montar cabalo de raza árabe.

A Nesto nunca lle importou o exército, traballaba de aprendiz de ferrador co señor Modesto no campo de Muruais e á besta que lle poñía a man nas coxas non se acaneaba por moi tuzara que fora e a outras aloumiñabas no lombo ca man aberta que lles facía dobrar as patas dianteiras   e xa non pestenexaban ainda co cravo collera carne, mentras que Modesto co martelo na man dereita, tenazas guidadas no cinto e catro cravos no canto da boca, ollabao de reollo e sentía fachenda co ben que se lle daba o oficio ao rapaz; querialle moito. Ademáis, tiña doses de revolucionario, bulianlle xénes de anarquista, para il todo o que non se lle quitaba proveito había que desaparecelo, dícia que estorbaba e só era un engano para a xente.
Estaba en África cos días contados, a calquer hora cruzarianselle os cables e xa non mataría moros, esmagaría o seus oficiais e logo coidaría as donas viuvas tendo en conta o agarimo que  lle procesaban ou  quizaves colgaba o traxe de faena para sempre porque xa estaba canso da cor caqui que tiña e de loitar sen xeito por areais co siroco mudaba dun lado para outro.

Ida:  Ai, ai ¡¡, meu Nestiño, xa faltaba algo nesta casa.

Finita e Espe:... Noso irmanciño, fai tres anos que estamos sen tí.

Gumer e Elio:... Qué, meu fillo, qué... estás forte, carallo... como vai irmán ¡¡

Ernesto: ...Ata estou emocionado... eu tamén tiña moitas gañas de vervos...vou lavar un pouco a cara na palangana...teño moito calor e estou sudado.

Cándi: (xa rematou o segundo prato de sopa)... levanta a cabeza e dí: ¡¡Meu sobriño, me cago en Judás, pro tí ónde andabas ¡¡

Nesto: (abraza a tía)... qué tal Candi...casaches ou xa desistiches en buscar home...?

Candi: ..Non oio ben... pró desistir ainda non desistín...sempre foi o demo iste home... poriso manda tanto nos soldados.

Ida: (como nai sigue emocionada, case non fala...remexe que remexe nas potas). Estarás cansiño?

Ernesto: Joder, como está o pais... mira que para asustarme eu... non o consiguen os moros e pisei terra e entroume medo.

Todos o quedan ollando

Gumer:... Que che pasou, que viches polo camiño?

Ernesto: Dende África ata aquí... menos na travesía no barco... ver e sentir... de todo, de todo..

Finita: Hermano, te presiento asustado...hay que olvidar lo malo y quedarse con lo bueno.

Ernesto: Ao mesmo baixar do Rápido na Pontenova, na estación estaban cargando mineiros nun camión do exército.

Ida: ..Pro hoxe é Santa Apolonia..penso que non traballan na mina.

Ernesto: ...Nai, Apolonia ten pouco que ver con esto... habera controis do Sindicato.

Espe: ...Millor comer e ter esta festa  en paz

Gumer:  .. Filla, tés moita razón, por agora estamos todos xuntiños e non vos esquezades  que “O Casado casa quer”...somos unha familia unida.

Candi: Non escoitei ben..., que non casa quén non quer?

Outra vez risas arreo.

Cando os bandullos xa están agradecidos, servese o café de pote,  roscón, requeixón de leite da Galana, doces, galletas licor de calitro do convento de Viveiro, viño Sansón, anis e coñá

Ernesto: ... E logo o tio Dionisio non vén iste ano

Gumer: A derradeira carta recibímola polas Feiras da Pontenova e dícía que hoxe estaría aquí..pro ista liorta escaralla todo.

Ida:.. Teño presentimento de que vai chegar denantes de rematar o día.

Gumer: Miña, Idiña, outra vez  presintes e predices...(bota unha risada e faille toser o fumo do pitillo)

Todos os fillos se dirixen a Gumer e dinlle:... Conta pai, conta.

Gumer: Fai unha semán non queria crer o predicir do Cura sobor os amorios da nosa Esperacita...aquí presente.

Espe pónse vergoñenta e quer liscar da mesa

Ida: Gurmiño, el vino te hace niño y blá, blá..¡¡qué homiño iste ¡¡

Candi: (xa toqueando, abre os ollos), dí: ¡¡ Quén demos vai ter un neno nesta casa ¡¡

Todo unha risa

Ida:... Xa pasa das seis, vaia día de inverno... e tardan os invitados

Espe:  Nai, qué invitados van vir?

Ida: Filla, ti pareces parva ou te fas, non me ouviches dicirllelo...os que foron a misa.

Espe: … Todooos?

Gumer: … Toditos hija, sin faltar ni uno (volve a rir ao tolo)...ponte a limpar os pocillos “y a ordenar la mesa”.

Ida: Pídovos por Deus que non faledes alto...están a chegar...e do señor cura nen pio.

Candi: Que anda o cura a presumir que limpa moito na igrexa...si oh si, limpa o fandango.

Síntese ruido na porta, quedan todos calados e vai Espe a ver:

¡¡ O tio Dionisio... dame algo..¡¡

..Ay, mi sobrinita...¡ dalle unha aperta.


    

Dionisio (La Habana – 1936)    

     

              Yanet (La Habana - 1936)


Aparece un home de pelo canoso abrilantado, traxe, camisa e sombreiro brancos, corbata e chaleque roxos, zapatos mouros, bastón e puro apagado na man dereita e collido do brazo esquerdo por Yanet, moza preta de pel de soave tostado, con vestido roxo de tubo que lle chega a cintura e dibuxalle as curvas  do pandeiro e logo amosa a carne do contorno para rematar no torso sostendolle os seos para diante onde as raices da natureza máis ansiada invitan aos ollos atrevidos, pendentes de argolla dourados, cabeleira moura recollida, zapatos de charol e de medio tacón ; fermosa cubanita.
Todiños quedan ollando e non reacionan, ata que Ernesto, canso de guerras, vaise dereitiño a Yanet  e moi garimoso dalle dous bicos, namentras que lle pousa a man na cadeira   ¿tú quien eres, mi prima..?. Logo unha aperta ó tio e éste dille: No sobrino, mis hijas, tus primas, quedaron allá, Yanet desde hace dos años es mi segunda esposa, nos casamos después de divorciarme de Laurita.
Ernesto, case desmaia.. e contéstalle:.. Encantado tio, encantando..no perdió el gusto, no sabe lo que me alegro.

Ca noite brava de chuvia, estaban empapados, viñeron andando dende a estación. Sentaron no escano e quentaronse e secaron a roupa ao pé do lume da lareira que Ida non parou de atizar.

Xa na mesa.


Ernesto: ( con escola e retranca). Tio Dioni,  entón na Habana agora é verán?

Dionisio: Sobrinito te comprendo, hace 40 años que falto y ya no sé como rige el tiempo en Galicia.

Sentados: Gumer compartindo cabeceira co medio irmán Dioni, Yanet entre  Ernesto e Cándida

Ao tempo todos comparten conversa.




   

Manoel Maria Loureiros (Montevideo-1930)



Volve a soar o carabillo da porta e sae Ida, saca a retranca e abre.

Ida: Manoel María... Loureiros

Gumer: Que raios pasa,Ida,  está noso Señor e María xunto ao loureiro?

Ida: Loureiros de Vilaouruz... o meu parente... mollado como un pito e trae o acordeón.

Gumer: Ordía, pensei que era Paco do Cazoleiro ca gaita... e dende cando é teu parente?

Ida: É compadre da miña curmán Asunción  de Vilaouruz

Gumer: ...Ah, por iso e teu parente de sangue...anda, tranca a porta que entra  frio.


Manoel María Loureiros, nacera en Vilaoruz,  cando tiña 18 anos embarcou para Bos Aires, pró enganouse e desmbarcou en Montevideo e alí quedou dez anos. Atopora traballo  nun barco que andaba a pescada de peixes espada na desembocadura do rio da Prata, eran como cabalos do monte, cun nariz agudazo de serra de dous metros. Manoel María, antes de marchar, andivera nas cavadas dos montes do Chao do Forno e Pena Gradada, aos que viñan tamén cavadores doutras parroquias e dende  neno gostáballe a música de acordeón, pois tocabao nas esfollas e mallas, un ancestro do Lexo de Insúa. Pois ben, nas sestas da cavada, tamén estaba o Dereito do Acebro que non esquecía o acordeón metido nun saco e  guindado na eixada e mentras unhos dormian,  serraba nel o pasodobre paquito o chocolateiro, a rianxeira e maruxiña do forneiro, mentras que  Manoel fixabase como unha coruxa.
Pois ben, Montevideo, terra de tango, milonga e menceres de troula, Manuelito (así alí lle chamaban), cando rematada a xornada deixaba o barco e ía polos chiringuitos do porto a tomar un tente en pé e a escoitar a tocada. Chegou a ser compoñente dun grupo tangueiro “Los Calenturientos”, según dín os nativos o tango naceu en Uruguai, non  é arxentino, ainda que por eso tiveron disputas e armaron e arman trifulcas, sobor todo, cando os porteños arxentinos lles dicen aos uruguaios:
“Qué andais a tocar nuestro tango, boludos, en vez de vigilar las pibas en vuestras  camas  ..” eles contéstanlles “..Saber vós, cornudos, que os den por culo que ya estamos hartos de las conchas de vuestras damas”
Manuelito era mozo ben feito, pescador e tangueiro de profesión e ó tempo non esquecía de facer favores de cama as tanguistas e as señoras de posición, coñecido polo sobrenome de “El pibito que más toca con su gracia e pura sangre gallega”. Nunha distas, cachouno en plena faena ca sua dona o seu xefe armador , garota do Brasil que non chegaba aos trinta. O xefe era un  indio cherokee fuxido da reserva da pampa arxentina que se fixera a si mesmo. Manoel María meteo catro trapos nun saco, xa non trouxo maleta, pois enseres nunca os tivera, e veuse de novo para Vialouruz. A casa petrucial acolleuno, tiña onde traballar . Dende aquela o seu xuramento foi: Me cago en mi propia sombra, porque cando ía fuxindo para o porto, cada pouco voltábase e só vía sombras co perseguian e canto máis corría máis sombras, poriso se lle meteu nos miolos isa pavoría. Chegou a tempo a coller o barco.

Gumer: Un dia coma hoxe sempre viña Paco do Cazoleiro ca gaita... onde andara?

Manoel María: Vai tocar as dúas  a  Rececende...celebran hoxe a Conceución...había enterro no día verdadeiro.

Finita: Señor y como puede tocar a la vez dos gaitas?

Manoel: Oh, perdone, usted es la monja?, pues mire, una la toca en la fiesta y la otra en la palleira.

Ida: .. E a quén lla toca agora... si se pode saber?

Manoel: Tocalla a Esperanza de Amaso,  tua veciña da  parroquia, non sei a aldea.

Gumer:.. Nesta terra non se desperdicia nada... todo vale para comer e non falemos para tocar.

Yanet:  Ya entiendo un poco el gallego, conocí a muchos, son la pera...que gracia gastan.

Ernesto: (aproveitaba para arrimar a perna dentro do calzón do exército ao muslo de Yanet), di:

 Si tía, somos de tierra fría, pero de sangre caliente..Éh, tio Dioni, vostede si que é truán

Manoel, despois de tomar doce, café e caña,  saca o acordeón do saco.

Gumer:..Bota u aturuxo, ¡¡Ardelle o eixo Idiña ¡¡, trae caña.

Gumer:..Parente de la miña muller, sabes isa de “O Casado Casa  Quer”. Que ven fixen, carallo¡¡

Espe: Nai, como está o pai ¡¡

Finita: Deixo disfrutar, é bo pai e home, listo como un allo, e non emigrou e aquí estamos todos na  Casa de Agosto, ainda que non sexa nosa.

Acordeón en marcha, todos cantando: 

O que queira ter mullere,
primeiro ten que atopala
ser con ela  garimoso
de dia e noite bicala
e cando teña un antoxo
cumplirllo en mollida cama.
Si a queren reter na casa
dicirlles que vas con outra,
ainda que sexa unha troula,
cumpre a promesa do avó
que tan ben te aconsellou:
cando cases con muller,
“O casado casa quer”

Elio: Oie, Nesto, as moras son mouras por todo o corpo.

Nesto: As moras, para sabelo, hai que espilas... non a forza.

Dionisio:...Tú eres de la raza, sabes mucho Nesto, mucho, mucho

Nesto: Tio, pro estou vendo que vostede sabe moito máis, quixera ser eu un rexistrador así..

Cando iban empezar a cantiga de “Carmiña tien un gatino que siempre lo quiero ver...”, vaise a luz da bombilla de 25 w. e, por riba, acabaselle o carburo ao farol colgado xunto a lacea, ainda así Gumer, sigue cantando “...y si hace miau...”

Ida: Que homiño  iste, sempre pensando no mesmo... Sabiao eu, Silveira ten moito que facer e non ten tempo de limpar a presa da auga para que ande a dinámo.

Yanet: Dioni, de que di amo... en Cuba se le llama mi amo ?

Dionisio: ...Si princesita mía...aquí acostumbran amos o no a meter  la mano.

Ernesto: ...Sí, a escuras y después de la mano te clavo y viene la luz

É veu a luz e siguen ca cantiga

Carmina tien un gatino
que siempre lo quiero ver
y si hace miau el probino
le doy mucho de comer

Gumer: … Miauu, miauu...

(continuará...)