martes, 4 de abril de 2017

O CASADO CASA QUER por JL. Lilo (5ª e 6ª escena)


                                                    
Escena  – O casado casa quer

                                                                       - 5 -

Sentados a mesa, Modesto na cabeceira, Evita  ao seu carón no lado dereito,  Domi  na outra cabeceira e Enriqueta na cadeira do lado esquerdo, pois atende a furgullar nos potes para encher a sopeira e as fontes, e sendo a sua estatura pouco máis  ca altura da mesa, come e fala de pé, e quedalle tempo para limpar a moqueira ca dianteira do mantelo.
Ao comenzo, comen e beben   sen apenas falar, logo xa hai conversa sobor a guerra, os mortos, as ideas, os fuxidos e o estraperlo. Chegada a hora do postre, a celebrante escabullese e ca destreza que ten de manexar fardelos polas portas, aparece  cunha bandexa nunha man que contiña un brazo de xitano cunha manta polo lombo de crema de chicolate e na outra un púcaro de boca grande cheo de arroz branco con azucre.
Logo, para ir rematando, servese do pote o café torrefacto  Las Candelas e copiñas de anis Las Cadenas e caña Las Tres Cepas. Como se pode ver, náqueles tempos empregabase moito o artículo determinado femenino e plural “las”, con sustantivos como café, anis e caña, definicións gramaticais pouco neutrais, xa que os nomes dos productos teñen dose de masculinidade, pró dito artículo tornalles as raices. Exemplos temos dabondo (las tropas nacionales, las milicias republicanas, las miserias del pueblo, las misiones...); paréceme ben, polo menos, o  femenino tiña aquí un recoñecemento dentro do círculo pechado do mal alcumado sexo forte.
Hoxe é festa e non hai tempo para tristura, sigue a conversa,


Enriqueta: ...E por Figuierúa coma sempre, ouh?.. ainda non vós preguntei polo pai Josema.

Modesto:  Si, Enri, vamos tirando, con pocas vacas, poco trigo y mucho arado ...xa estoy viejo mi santa...

Evita: Viejo mi Desto ¡¡ está como un toro, trabaja y peta...como se dí, ah ¡ “como un ferrador”

Domi: Madre, non esaxeres o pai ten que coidarse que pasou moito polas Arxentinas.

Evita: ...Enriquetiña, mi padre suegro ahora no habla nada, pero algunas  noches lo
sentimos soñar y dar voces: ¡¡Ai, Enriqueta que xeito tés ¡¡. Fuisteis siempre amigos de verdad?

Enriqueta: Craro, Itiña, fomos de verdá e de mentira..(mira para Desto, chiscalle o ollo e bota unha riseira que fai cantar o galo). ¡¡Como repenicaba o punteiro ¡¡

Desto: ( Estase a rir e ao tempo enche a cunca de viño), e dí: Mira que mi padre fué siempre un pura sangre.. de éstos non quedan  Enri.

Domi: Enriqueta, e vostede sabe si Esperancita de Agosto  tivo algún noivo?.

Enriqueta: Xa estaba eu pensando nelo, de preguntarche, sentín que andabas a remexer nese niño

Domi: (Agachou a cabeza ao responderlle) :.. Onde ouviu isas cousas, quén anda con contos?

Enriqueta: Eu non vin nadiña, ía a polavila unha noite e escoitei dende o camiño falar a Gumer e Ida..boeno,  facía moito vento.

Desto:... ( intervén con cara pilla): “... qué ouviches... que Domi argallaba” .

Evita: Hijo, más te lo he dicho, se honrado y no hagas cantar al pajarito sin haber tú construido  el nido, sería  una vergüenza cargar con pollitos ajenos.

Desto: Ita, que canto, ni que nido, si el pájaro canta es porque está ledo y los   pajaritos se repartirán o quedarán con la pájara.

Enriqueta:...Ahi, ahí... nos meus tempos mozos, nen niños, nen páxaros, non daba tempo a pensare... e despois de galear, chocábase.

Domi: (Antes de levantarse da mesa pregunta de novo): Pró, Enriqueta, quén falou tal cousa?

Enriqueta:..Ai que noite de invernía era... tiña medo que sairán e levaba as zocas con cravos..só sentín dicir a Ida...Don Justoo ¡¡

Domi: .. Don Justo, o cura?

Desto:..Non, Don Justo el Jefe del Estado... espabila Domin, “los hay que vigilan los nidos y ponen el huevo como  el cuco y luego  de repartir nada de nada”.

Evita: Arrimé a Galicia hace años, estoy feliz en la Figuierúa de Arriba, pero aún  no comprendo el pensar de las gentes de por aquí.

Enriqueta: Tamén eu nacín aquí hai setenta  anos e unhas veces entendo o que me dín e outras non, pro tamén a mín  enténdenme unhas e a maioría nen pío...  dicía meu pai, que en groria esté, “...os galegos levámolo no sangue.

Desto: Cambiando de vía como o tren, “os diré que non durmo con ista guerra sin xeito... estamos jodidos, pero muy jodidos.

Enriqueta: Hai que falar baixiño como no confesionario, nunca sabes quen está acechando...e problemas hai dabondos.

Evita: Destito, allá en Argentina esto no pasaba, éramos felices...¡¡ Ay que tangos, que veredas¡¡

Desto: Ita, piba mía, bebiste caña y te olvidaste en vez de mate?...querida, Argentina es una hija de su propia  concha... la mayoría son indios fuera de la reserva... indomables.

Domi: Pai, a  mín Arxentina tamén me gostaba...xogaba ao balón de coiro.

Desto: Va, va, aquí hijo son de saco.... Oie, Enri, sabes una noticia... no sé si es cierta... el pasado domingo de feria, en Café Central de Prudencio, un minero  comentó que  el párroco Pelayo era algo rojillo... las apariencias engañan.

Enriqueta: ¡¡ Cómo, o daquí ¡¡, vánme levar para o cimeterio e vou seguir adeprendendo... e xa me queda pouco... teño que apurar.

Evita:.. Qué decís mi Desto.... anda no promulgues cuentos.

Desto: Que no comulgo mi dama, ni cuentos ni hostias...tampoco invento cosas,¡¡ escoito, escoito¡¡... a mi me la flojea... tiempo era que no fuera todo negro.

Domi: Xa son as seis da tarde, tocou o reló da estación, ímonos, ou qué?

Desto: Para dónde hijo, para dónde...cine o baile?

Domi: Anda pai, estás por amolarme...pois para Figueirúa é cedo, ó avó dalle o caldo Geltrudes de Dodrín e amantao cando queira deitarse.

Desto:.Hijo, solamente el caldo  ?... el abuelo no habla pero  aún fedella.

Enriqueta: (agarrase a barriga ca risa)..Teño que ir dar unha volta para vindeira semán ...mira para o gaiteiro.

Saen todos para Casa de Agosto.

                                                                       - 6 -

En Piegalvo, na casa do sr. cura, tamén se celebra a festa. Sentados nas cabeceiras da mesa o cura e nai Concha e en ámbolos dous lados a irmá Carmina e o sacristán Tasiño.


Cura: Madre, quiere usted  bendecir  la mesa?

Conchi: No hijo, no, tú estás en paz con Dios, yo no sé.

Carmina: Mamina, no diga cosas, siempre ha sido una santa... y tejedora.

Tasiño: ( calado non mira para ningures), só dí: Don Justo, antes de sentar, fún darlle empallada e toxo a  Viciosa e ainda me quixo enganchar a petrina cos dentes.

Cura: ..Siempre fué esa mula algo falsilla, aprovecha el descuido y pinza, lo copió de las personas que muerden cuando uno se descuida.

Bendice a mesa e prega por longa vida a nai e cos presentes ca vexan.

A mesa está arroupada con xamón e chourizos cortados, pan de trigo,  galo  de andar por fora asado, cordeiro ao forno, doces pasiegos que trouxo Carmina, requesón, viño Paternina banda azui, viño de misa de Bodegas do Bierzo

Cura: A comer se ha dicho, para alimentar el cuerpo y el alma... sobre todo el estómago, Dios nos bendiga si llega a tiempo.

Todos responden :  “Amén a todos”.

Carmina: Tasiño, cuanto tiempo sin compartir mantel contigo...sabes que te aprecio mucho.

Tasiño: Agradecido Doña Carmina, yo a vostede también la.. precio, es santiña como su hermano y nai.

Carmina: ...Sabes, santina, santina... solo hay una, Covadonga, patrona de Asturies.

Tasiño: Perdone, yo a esa no la conozo, será tamén buena mujer.

Cura: (...que está a escoitar e xa bebeo máis dunha cunca de viño, bota unha risada e levántase ca sotana remangada e sometida na cintura dos calzóns de pana, xa sacara o alzapescozo , tamén sacaría  a sotana se su nai non estivera presente )... Si comienza así la fiesta cómo terminará...
“Qué actores sois, mia hermana y mi sacristán...brindo por vosotros y por las Covadongas”

Conchi: (Xa perdeo moito oido, ten que poñer a man dobrando a orella dereita como un retrovisor)... pousa cuberto e coitelo, e di:
Pelayito, me asustaste con tu risa... es que te acordaste de cuando eras niño que querías ir para Mondoñedo?

Justo Pelayo: No madre, me acordé de la Santina Covadonga que no llega a todos los sitios, aquí se conocen otras Covadongas...me causa gracia que me llames Pelayito

Conchi: Si hijo, sí, nuestro tio, vicario Remigio fué tu protector para que fueras cura... tú padre andaba en la mina y yo tejiendo  para poder comer..., te acuerdas de tu padrino Pancho con su tozudez en ponerte en nombre de Pelayo?

Cura: Claro, madre, el papá Món de picador y tú de tejedora, todo era meter el pico y la aguja para poder comer el bollu...el padriño Pancho era muy chocante.

Carmina: ...El tio Remigio estuvo de cura 20 años en el convento de las esclavas de Mondoñedo, oh?

Cura:..(Rindo)..si hermana, si, muchos parientes esclavos en la Mariña (solta unhas risas)..d.e.p... hacía pais.

Carmina: Hermanu.. cuando nacimos , tú primero y yo segunda, que sorpresa para nuestra madre?. Bueno, tú el día de Santiago  y yo el de Santa Ana de 1906.

Cura: Sorpresa, sorpresa... supongo que no, parió hembra y macho, en distinto día, tenemos profesiones casi coincidentes ...para mí, pasado el tiempo, si que fue sorpresa,   pués nacimos de un mismo vientre ...?. Hay estudios sobre este fenómeno de la naturaleza... si que los hay.

Tasiño: Por aquí que parirán dous ó mesmo tempo só coñecín a Fernanda da Casa de Rojas do Boulloso, que deu a luz duas mulleres Fortunata e Jacinta, a primeira deuse aos homes en Lugo e a outra foi toda a vida criada do cura da Veiga de Logares... eran do mesmo ano ila e o cura e, tamén, morreron no mesmo ano. Dician que cada unha era de seu pai... pode ser eso?

Cura: Tasiño, nunca me contaste esas cosinas...cada día me dejas abraiado...puede ser,  puede ser.

Conchi: (xa toquea e case mete o nariz no prato)...de súpeto, volta ao mundo real e di:
“ ...ya comimos el dulce el dulce, traer el café y la caña , luego me voy para el telar”.

Os demáis botan unhas risas

Tasiño:... Dona Concha, perdeu moito dende o ano pasado, os anos non perdoan nen as santas.

Carmina: ...Hermanu, que opinas del levantamiento nacional?..repercute en todo, hay un desasosiego en las personas, cambio de costumbres, al “Cisne Rojo” solo acuden militares...muchos con pases, otros con jeta y no pagan.

Cura:.. Ah... del levantamiento, siempre crei que fuera sedicción contra la República... sabes, me ordené el 14 de Abril de 1931 y estoy aquí... en medio de los sables.. (bota un bo vasado de viño e dún tope meteo no bandullo, logo arrouta).

Carmina:... Cuidadito, aunque se predique en los púlpitos  la hoguera para algunos, los confesionarios no son herméticos... se te calienta la boca y revolucionas la sotana.

Cura: ..Te aclaro, mi iglesia no tiene púlpito, mis dotes de actor las promulgo a los fieles, por eso se me revoluciona lo que está debajo de la sotana..: lo cómico me fascina, la realidad me revienta.

Tasiño: (nen raios  sabía de que iba aquelo: levantamiento, sedicción, herméticos), sigue comendo e ao tempo erguelle o bastón a Concha que lle caera ao chan e fala polo baixo): Ao patrón, unha vez ouvino cagarse “no outro” e mirar para o ceo, cando lle pateo Viciosa nas suas partes e tamén o vin escondendo enrriba da viga no faiado un pistolete mouro ”. Nunca dixen nada, nin vou dicir, para mín é un bo cura e amigo dos probes.

Cura: Carmina, se me calientan los melendrines, a mí no me pasearán confundidos..porque .tiro la sotana y me subo a los Lagos..¡¡Tasiño¡¡,.antes de la subida estaré con la Santina , vaya virgen milagrosa y el guerrero Pelayo me espera  en la  montaña (destornillase de risa).

Carmina: Hermanu, hermanu, ya ye dije en carta, que puedo informarte sobre ídas y venidas de estrellados, pero es peligroso. Sabes que la vida que tengo no es por vicio, si por dinero... sobran nias bonitas, desamparadas y que buscan algo con que vivir.

Justo Pelayo:         Ah... no es por vicio... ardiste siempre como el carbón... os sobran chicas?, aquí no.. sólo nos sobra pobreza,  nacimientos, racionamiento y controles,

Conchita:... Ai, ai ¡¡ … mi Lagüeña de Doiras... mis colchas... mis hombres...probe mio marido Món en Felguera muerto.

Tasiño: Dona Concha, non quer dormir un pouco...está mui cansa?

O cura e irmá marcharon para casa de Agosto.                                   (continuará...)

No hay comentarios: