miércoles, 5 de abril de 2017

Camisetas da S.D. Albións para o maratón de Madrid 2017


Fai uns días Ramón de Xudán recollía en "O Lar de Manolo" de Ribadeo as camisetas que os atletas da Sociedade Deportiva Albións vestirán na capital de España o próximo 23 de abril na celebración do EDP Rock ´n´Roll Madrid.

Na carreira de 42 kilómetros participarán Bruno Bouza, Ramón de Xudán, Rubén de Eugenia e Santi Coladas. Na media maratón (21 kms) estará presente o incombustible Manolo Lastra (Ventura).

Destacar que haberá máis pontenoveses na liña de saída pois desta volta Luis María Díaz e Begoña Alonso tamén se desplazarán a terras madrileñas.