martes, 28 de marzo de 2017

O CASADO CASA QUER por JL. Lilo (4ª escena)


                                            

Escena 4 – O casado casa quer                                                   
                       

Estoupan dous foguetes no ceo do Castro, ún, púm,púm,púm,púm e o outro púúúm é martes, nove de Febreiro do ano mil novecentos trinta e sete, capela de Santa Apolonia, a  Picota non ten igrexa, son as doce da mañá e falta unha hora para misa,  o sacristán  Tasiño está aderezando o altar,  poñendo as candeas sin estrear nos candelabros e nos froreiros as frores que lle deu señora Carolina. Moi bo home, góstalle vestirse de branco e executar as ordes do cura, non cobra un patacón e cumpre cás obrigas  litúrxicas, só, de cando en vez, un groliño do doce viño do Bierzo cando lle toca  repoñer a vasixa grande ca que logo enche a vinagreira. O outro sacristán, Patelo, por segunda vez, embarcou para  Bos Aires, xa que o oficio de zapateiro que mamou comialle os miolos e tiña abandoado o taller  no barrio de Palermo, facía tempo que non podía pegar sono porque soñaba desperto ca soavidade das pantorrillas das mulleres emperifolladas e cando de xeonllos lles probaba os zapatos arranxados, preguntándolles, ¿le molestan reina, si quiere los amplio más?...No Patelín, tienes unas manos de artista que me alivian el estrés
Soa o primeiro  toque da campá chamando para misa da patroa e na casa de Agosto agardan por Finita e Elio para ir todos en familia . Chegan xuntos, pois atoparonse na estación do tren de Vilaodrid; Finita cos hábitos de monxa que parece unha santa , Elio que dormiu no palleiro de Veiga de Prado, con cara de troula e os cabelos despenteados, pois non tivo tempo  para limpar tódalas as arganas da zamarra. Cándida, irmá de Ida, quedou en ir dereitiña para a capela.
A punto de sair da casa aparece  Enriqueta vestida de estrea dende os pés a cabeza, boeno  do suxeitador e demáis non sabemos, cos beizos pintados de roxo, rosetas de prata e cunha ducia de ovos xunto cun kilo de azucre mouro que lle trae de agasallo  a Ida.
Menudo  axetreo na cociña, un bater de corpos, apertas, choreiras e laios emotivos das mulleres, pois os homes como estorban vánse para o camiño a botar un pitillo de peninsulares.
                       
Ida.- ..Ai filliña, canto tempo sin verte (bagoenta dalle bicos).

Finita.-  Nai, non chores estou en paz con Deus.

Ida.-  Pro agora que estás en paz con Deus, non pensaches en poñerte en paz cos homes?

Finita.-  Madre, é a miña vocación e entrega nesta vida é  xa teño os votos

Ida.-  (Limpouse as bágoas e quedou pensativa antes de dicirlle): Dacordo, pro isa  entrega  e para sempre.

Finita.- ...Creo que tú no llegas a entenderlo... son cosas divinas.

Ida.- ( Ata fala en castelán ...dase a volta para poñer os pratos na mesa e fala soa):

 “Si esa entrega e de gosto, porque casaría eu con teu pai, a mín naide me chamou das alturas... sempre o fixemos no chan”.

Espe.- Irmanciña, temos moitas cousas que contarnos... (danse unha aperta)

Ida.- Finita, ainda non son horas da misa... senta que che vou poñer unha cunca  de café e un trozo de roscón... estás branca como ó leite.

Finita.-  Vale nai, ainda que xa o tomei con galletas no convento as cinco da mañá despois de rezar e recatarme.

Ida.-  E tamén te recatas... eu nunca o fixen, sempre me recataron... ai Señor, Señor o que se adeprende cas monxas.

¡¡ Ála,  vosoutros de leria, sen afeitarse e poñerse a roupa nova...qué homes istes¡

Xa todos no adriño da capela de Santa Apolia, denantes de soar a derradeira badalada, están de parola, só faltan os familiares e amigos que veñen de invitados, Rogelio, Cándida, Modesto, Evita, Domi, tamén están Conchita a nai do señor cura e a irmá Carmina.
Escomenza a misa e o señor cura dirixese aos feligreses: .. desexándolles paz e  lembrando os mortos da parroquia, unhos polos anos ou doenzas, outros na guerra e o resto porque Deus os chamou a unha vida millor. O sacristán,  cas mans cruzadas sobor da barriga e ao carón dereito do altar , tose e esgarrafaña na pelexa que mantén ca gripeira co esmaga dende fai días, sínte calor e frio, suda, pro cando toca avisar sentar ou de pé abanea a campaiña sen tembrarlle o pulso e está vixiante de pasar a páxina do libro, das vinagreiras e da algunhas respostas aos rezos en latín, logo o oficiante vóltase cara a xente que está queda en silenzo, de pé, sentada ou de xeonllos e, cos brazos en cruz,  dílles novimus obiscum, as respostas son marmullos, deixando a dúbida  de si saben latín ou non.
Da lingua do latín ninguén  entende un papo, só recordan un pouco, non todos,  o Pai Noso, Credo e Salve, a excepción é Finita que coñece  de pé a pa e ata canta no idioma dos césares,  mentras a sua nai á  olla de esguello e pasmonea.
O sacristán colle a pucha  na palma da man dereita, pouco tesa polas molleiras que colleu e  co forro mirando ao teito, onde se olla o selo esfiañado da marca Tolosa, vai ún a ún a recoller a vontade que non é moita, repitindo baixiño: a igrexa é probe, ao tempo tose ronco e agradece, Deus o pague, Deus o pague, namentras o señor cura cas mans emparexadas e dereitas xunto ao peito, fincando  co bico, como se estivera o avó Xigueiro a cortarlle o cabelo, remata e dí:
“Hoy no imparto comunión porque andamos escasos de hostias, solo abundan en el frente, con esto de la guerra hay mucho consumo , el trigo escasea y los obradoiros quedan sin gente joven que ha sido llamada a filas a luchar por la Patria ”.

Os cumpridores saen para fora e como non hai orchestra, desexanse bo proveito e voltan para as casas.

Desto, Evita e Domi, son os convidados de  Enriqueta, ela, máis que festa, celebra o aniversario da morte de Rosalia Parola de Lamarcide que lle facía a competencia  na venda de artículos varios polas portas das aldeas. A amizade con Desto vénlle de lonxe, porque os pais  eran como irmáns dende que combatiron na guerra de Cuba, logo cando voltaron  mutilados, Xosé María sen fala e Feliciano desnortado  de tal maneira que  co  desacougo  botaba uns aturuxos día e noite que rosoaban nas galerias da mina de Vilaodrid e só se lle entendía “..neste cañeveral papánme enteiriño, enteiriñooo”.

Xosé María del Rio, pai de Modesto e Feliciano Rancaño  o de Enriqueta,  cando tiñan  vinte anos estiveran de picadores de carbón  en  Torre del Bierzo, pro foron movilizados a filas e embarcados para Cuba no “Hispania Invencible”, perteñecian ao corpo de infanteria baionetera que tiña o coartel  en Cienfuegos e andiveron tres anos liortando.

De volta, derrotados, desembarcáronos no porto de Ribadeo como se foran farrapos e ó pisar terra co mareo que traian   colleron rumbo as Asturias, xa por terras da Espina  foron informados do erro de non atinar como camiño axeitado. De volta para Galicia, despois de cinco días,  chegaron a Vilameá o día do San Froilán do 1898.
Ao pouco tempo, agravaronselles os trastornos, José María quedou sen voz e Feliciano empezou de novo cos aturuxos.
Pasados anos, chegaron cartas dos sobrevivintes soldados que quedaran na illa porque con tempo desertaron ao bando dos libertadores, agora eran ricos como os cubanos. Foise correndo o conto de que Evaristo do Farrampo escribirá a un curmán e intre outras cousas contáballe :El Josémari y el Feliciano no conocieron el miedo a la guerra, pero el ron de primera destilación Cuba Libre de Cienfuegos, les comió la cabeza junto con las ansias del placer que tenian a  la carne de hembra mulata, creían que eran  jabones que se gastaban y los consumian día y noche para matar la morriña de esa tierra”

Feliciano, morreu un serán do ano 1918, festa de San Antón en Liñeiras,  non da gripe, sí de sentirse perseguido, xunto a Pena de Insúa cando estaba a coidar o rebaño, seica que botou un aturuxo que resou na Fraga de Goios:”... Enriquetiña,  agora si que me paparon”. Os veciños de Santo Estebo que estaban a cabar e queimar burrueiras , correron xunto a il e atoparon  ao corpo ecollido e facendello garda as ovellas, cabras e o cán Tarfe . O castrón  Rastrero, con grosa cornamenta en espiral e longo guecho mouro, erguiase das patas dianteiras  sen doblar as coxas e turraba a todo aquél que quería arrimarse ao corpo presente do amo.
Feliciano soamente deixaba de aturuxar e falaba como calquera   o día do San Xoán en Figuierúa, cando ía de convidado a casa do amigo Xosé María  “Del Rio”, porque engorxaba caña e anis arreo, supónse cos grados amansábanlle os miolos e voltáballe a verba a normalidade.

José María, ainda vive, ten 71 anos, só fala o día que se atopa con Enriqueta, tiñan os seus amaños amorosos, quedara viuvo. O fillo Modesto é coñecedor e cómplice, dahí ven  o trato familiar. Ao voltar de Cuba  falaba como un político cando ía segar a Castela nos veráns porque era o maioral. Agora xa non ten forzas e está caladiño, pensa e bota un sorriso de coña a todo aquel co mira, poriso non veu a festa.

Como é día da santa e non hai nen orchestra nen gaiteiro, despois de cear como Deus manda, poderemos ir ao cine ou beilar ao salón de Gasolín que se atopa  pegadiño as cortes de estabulación de gando (ovellas e cabras) que fan parada no traxecto cara Lugo e foron vendidas aos mercaderes cataláns cas carrexaran no tren aquelas terras, iles entenden da compravenda, nós entendemos só de crialas e lévalas a pacer.
O pai e avó do autor do relato, según lle contaron,  moitas mercaron e conduciron a pé ata Lugo, o avó  non emigrou pró morreu novo de tanto soerguer a pulso carneiros de cen kilos, seica que primaba a maña máis ca forza, cousa que nunca tiven craro, porque para mín a maña amaina a quen se deixa coller e a forza hai que tela para atrancar a fuxida da collida ou collido  que  ten que entregarse ao peso ou a outras demandas do colledor que, na maioría das veces, son ao gosto e por complicidade do mañoso e a amañada.

Hoxe no cine poñen a de fai quince dias: “LA CASTRACIÓN DEL MORO” e no Gasolín amenizan  “LOS PRIMEROS PORTOS”, supoño que serían os avós de “LOS CHICOS DEL EO”, que  trunfaron nos anos sesenta.


Na derradeira despedida recordaronse as obrigas.

Ida.-  Sr. Cura, xa sabe, veñan a tomar  café e copa.

Carmina.- Gracias, Brigida, a la mamá la coge el frio, Justito no sé, conmigo cuenta.

Ida.-  Enriqueta, xa non fai falla dicircho, vés e traes a Desto, muller e fillo...faltaría máis.

Enriqueta.-  Conta con elo, fora infermedade... sempre nos levamos ben...ardelle o eixo.

( Continuará...)







































No hay comentarios: