lunes, 13 de marzo de 2017

O CASADO CASA QUER por JL. Lilo (2ª escena)



ESCENA 2- O casado casa quer.

Síntese ruxir no picaporte da porta e logo ista turrar con golpe seco contra a parede, o vento  poido máis ca Esperanza, nesto levantouse un nubeiro de cinza da lareira e as faíscas aterrizaron no pote do caldo sen tapar e  o gato “Miquiño” saiu escopetado de debaixo do escano co rabo dereito e fungando como un foguete e bateo contra as pernas de Esperanza e nesto envorcou , xa de pé dirixiuse ata o pao que sostiña a garmalleira e engatou ata o pico e quedou ollando a cacheira que tiña debaixo.
¡¡ Vaia, demo ¡¡ rosmou Gumer, que xa estaba dormindo enriba da artesa do pan, enrroscado como un nobelo e coa cabeza tapada ca chaqueta de pana que ao tempo lle facía de almofada.

Ida: Isto parece un furacán..anda meniña, apreta ben a porta e pasa o carabillo.

Espe.- Que noite de inverno, veño empapada.

Ida.- Nena, xa me tiñas preocupada, ¿ como vés tan tarde?

Espe.- Nai, hoxe non poiden sair antes, tiven que rematar un traxe de boda.

Ida.- ¡¡ Un traxe de boda¡¡ ¡¡ unha boda neste tempo¡¡...conta filla e logo quén casa

Espe.- Nai, primeiro vou cambiarme de roupa, non ves que veño todiña mollada.

Ida.- Gumer, tí imaxinas quén pode casar na parroquia a que iso non o prediciu o profeta Justo.

Gumer.- Boeno, xa estamos coa mesma, a mín que carallo me importa...como si casa a burra de Enriqueta.

Ida.- Espe, entraches en calor, tiñache as senaugas e as bragas limpas na ucha do medio.

Gumer.- que dices, as bragas, igual nen secas, nen molladas... si eu fora parvo... de tal pao, tal pitela.

Espe colleu unha cunca, botou o caldo xunto cun codo de pan e con ansias púsoxe a comer.

Ida.- Mira que istos tempos hai moita costura, estará contenta Edelmira, isa lurpia , porque ensinar a coser moito non ensina, pro tervos ata as dez da noite sabe. Da o mesmo que sexa curmán miña ou non.

Gumer.- Eu non sei que pasa, pro sempre se herda moito do malo e  pouco do bó... o sangue, Idiña, o sangue familiar.

Ida.- Para non armala a tí e millor non facerche caso, sempre con indirectas.

Espe.- Xa sei nai que queres saber quen casa... pois ainda nos cae na familia.

Ida.- Ai Deus, non será Marita do Raposo.

Espe.- Acertaches... a mesmiña.

Ida.- Xa lle era tempo, sufriu tantos desenganos, ¿non irá embarrigada?

Espe. - Embarrigada non sei, penso que tan gorda non era, pro o vestido vai froxo... con moita cintura e disimula  peito e  cadeira.

Ida.- Xacho dicia eu, preñada e sabe Deus de canto... supoño que o pai e Ramiro do Espabilado.

Gumer.- Hostia, igual se escagalla no casamento. Je,je, je...chamarante a voda, eres da familia... eu ise día vou pescar a miñoca.

Ida.- Serás animaliño e si fora a tua filla que ibas dicir, eh.

Gumer.- Da miña filla, fai unha hora que ansiabas ou predicias a preñura , así seguro que casaba, agora amilagraste e botas as mans a cabeza, eres limpa como a iauga do Rego das Cruces.

Espe.-¡¡ Qué eu empreñara, quen dixo tal cousa ¡¡

Ida.- Naide filla, naide, son contos de quén tés por pai.

Gumer.- E Don Justo predice.

Espe.- Don Justo que ten que dicir.

Ida.-Ise que argalla , Deus me perdoe, ándalle a contar a orella a teu pai que ve moita animación entre  tí e o Domi.

Espe.- ¿ E cando  viu a animación?

Ida.- Xunto a figueira  Ramona o outro domingo.

Esp.- Craro, estábamos agachados porque non se paraba de frio.

Ida.- Xa llo dixen eu a teu pai , nin bicos, nin predicións.

Esp.- Pode o cura predicir o que queira, pro tocar ainda nome tocuo un pelo.

Gumer.- Cómo ¡¡ , menudo cazador, onde pón o ollo ali van os perdigós sen tocar ramaxe e cae a peza.

Ida.- Non lle fagas caso, il tampouco tocou ramaxe porque estaba o camiño moi despexado.

Ida.- Entón de casoiro ainda nada, ou filla.

Espe.- Boeno... Domi sabes que é calado, pro no fondo sei que lle gosto moito.

Ida.- Está namorado ...xa entendo, faltalle decisión, non coñece os praceres que lle pode dar unha muller de por aquí...naceu na Arxentina.

Espe.- Eu tampouco quero que pense que son unha calquera.

Ida.- Si filla si, unha calquera non, pro sempre hai maneiras de non ser unha calquera e chegar a ser algo.

Espe.- Nai, son ainda  nova e non se me pasou o pan.

Ida.- Si oh sí, pró tés que deixarte querer, como si non quer a cousa, dicir non e moi baixiño si... ata que Domi confundido meta o nariz na mel do paradiso.

Gumer.- Meter o qué... o nariz... se non o vexo non o creo,  ista muller non as pensa.

Espe. - Moito me axudas nai o ter experiencia é o todo.

Ida.- Experiencia moita, sorte de regular abaixo


Gumer xa roncaba como un xabaril e daba voltas no sargón de follas de millo, mentras nai e filla contábanse os segredos, agardando cas derradeiras brasas  morreran de todo. (Continuará...)