jueves, 23 de marzo de 2017

CIT A Pontenova informa...

Resultado de imagen de cormoranes

O próximo sábado 25 de marzo as 5 da tarde no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova terá lugar un encontro de sociedades de Asturias e Galicia para unirnos para facer un frente común ante o grave aumento da población de CORMORANES  que están a esquilmar os nosos ríos. 

1 comentario:

Anónimo dijo...

O primeiro sería facer unha investigación real, sobre as posibles causas do cambio de ábitos desta especie, e logo intentar minimizar as causas ou buscar alternativas. Pero a erradicación duns poucos exemplares nunha zoa, so deixaría nichos valeiros que ocuparían outros individuos, ou pretendese erradicar a especie enteira para que non haxa ningún que poida ascender o río?

E non deberían de centrarse as presións en investigar a calidade da auga? Como pode ser que as analíticas den tan altas en e-coli ou en bacterias fecais que chegou a conlevar que algún ano se prohibise o baño no pozo da ola? Como pode ser que con frecuencia se vexan os índicios (espumas, capa aceitosa, olores) de verquidos fecais e purín? porque non se revisa o estado das depuradoras das aldeas?

Hai moitos factores que merman a cantidade de salmónidos do río, pero os máis significantes son os antrópicos, deberían de mirarse eses antes de buscar outros problemas.

A pesca é unha actividade de ocio, que pode ser totalmente sostible, pero que pasa coa xente que vive do medio natural e da biodiversidade? Hai que ter en conta que que exista un maior número de especies, favorece outros sectores como os que vivimos do medio ambiente, tanto fotografos, investigadores, naturalista como do turismo medioambiental.

Non pretendo ser ofensivo, pero non podería sacarlle partido a observar pescadores de forma turística e si podo facelo dos cormoráns e de outras moitas especies.