lunes, 20 de febrero de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

S.D. POL 1 - SPORTING PONTENOVA 1

Andrés Bouza. Autor do gol
Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Hector, Roi, Bruno, Davicin, Andres Bouza, Tontxu (Matelo), Jorge (Moro), Carlos (Villi) e Adrian Pasarín. 

Gol: Andres Bouza

O Sporting Pontenova conseguiu un valioso punto no Manuel Luna de Mosteiro ao empatar ante un bo equipo, moi reforzado dende o marcado invernal. Comezaban mal as cousas para o equipo dirixido por Dani Moirón, que via como sobre o minuto 20 da primeira metade a S.D. Pol se adiantaba tras un erro do porteiro visitante. O Pol seguía levando a iniciativa no xogo ata o descanso, con poucas ocasión para ningún dos dous equipos.

Xornada 22. Resultados e Clasificación Oficial
Na segunda metade o Sporting Pontenova moveu ficha, dando entrada a dous xogadores de ataque, saindo decididos a polo partido. Controlou mellor o partido o equipo gualdinegro, chegando con ocasions claras sobre a meta defendida polo cancerbeiro Cancio, que tivo unha boa actuación. Incluso o Pol puido aumentar a súa ventaxa nunha ocasión de Adrian que errou so diante do meta Rubén. Sería no minuto 70 cando Andrés Bouza, tras o saque dun córner conseguia perforar a meta local tras un impecable cabezazo. Dende ese momento ata o final,  o equipo visitante tentouno todo para conseguir traer os tres puntos, pero a falta de acerto e un par de decisións arbitrais polémicas, privarono de conseguir a victoria. 

Empate xusto en termos xerais que fai que o Sporting Pontenova encabece unha xornada máis a táboa clasificatoria con 4 puntos de ventaxa sobre o 2º clasificado e con 5 puntos sobre o 3º, o C.D. Xermade que marca o límite cos postos de ascenso.

A vindeira xornada, o Sporting Pontenova recibe, nun partido moi importante a S.D. Candelaria, partido que se diputará na matinal do Sabado 25 de Febreiro de 2017 (12.00h, Campo da Mina). 

Restan 8 xornadas para o final da liga, das cales o equipo dirixido por Dani Moirón disputará 5 como local e tres dificiles saídas (Alfoz, San Miguel de Reinante e Cospeito), polo que as opcións de cambio de categoría pasan polo Campo da Mina.

¡Aúpa Sporting!