lunes, 13 de febrero de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRONICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

SPORTING PONTENOVA 1 - C.D. XERMADE 1

Xornada 21. Resultados e Clasificación Oficial
Sporting Pontenova: Ruben, Puente, Villi, David, Héctor, Roi (Moro), Andrés Bouza, Tontxu (Borja), Carlos (Jorge), Adrian Pasarín e Matelo. 

Gol: Andrés Bouza

O Sporting Pontenova mantense no máis alta da táboa malia empatar o sábado con outro dos equipos da zona alta, o C.D. Xermade. É o segundo empate do equipo de Dani Moirón nesta segunda volta (o primeiro foi ante a U.D. Folgueiro). O resultado sérvelle ao equipo da Mina para manter a sete puntos a un rival directo como é Xermade, que marca os postos de ascenso e gañarlle o Golaveraxe particular. 

Na primeira metade os locais xogaron a favor do vento e dominaron o xogo. Adiantábanse no marcador ao cuarto de hora cun cabezazo de Andrés bouza ao saque dun córner. O Pontenova desperdiciou varias ocasións máis, as máis claras, de Matelo e Andrés Bouza.
A. Bouza. Autor do gol
Pero un mal entendemento do porteiro local Rubén co seu central aproveitouno o dianteiro visitante Pedro para conseguir o empate a media hora da primeira metade.

Na segunda parte igualáronse as forzas, cos locais levando o peso do partido e cun par de ocasións para cada equipo, as da Pontenova nas botas de Matelo e Adrián Pasarín mentras que as do Xermade nunha falta lateral e nunha internada por banda.

A proxima xornada o Sporting Pontenova desprázase ao Manuel Luna, para enfrontarse ao todopoderoso e reforzado S.D. Pol. O partido terá lugar o Domingo 19.02.2017 as 16:15h


PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL

E.F. POLVORÍN "B" 1 - SPORTING PONTENOVA 1

Sporting Pontenova: Diego, Alberte, Juan, Álvaro, Anxo, Marcos, Fran, Pedro Neira, Ivan, Joselu e Andrei, Tamen xogaron: Mateo, Pedro Vadin, Dani Petre e Dani da Costa.

Gol: Pedro Neira

¡Aúpa Sporting!