martes, 14 de febrero de 2017

Entrevista a Gabriel Ramallal Fernández



Entrevista realizada por Santi Coladas

Voltamos nesta sección cunha nova entrevista a un veciño da Pontenova, hoxe asentado en Valladolid, quen nos contou con detalle os seus recordos, vivencias e incluso aficións relacionadas co Concello: Gabriel Ramallal Fernández (A Pontenova, 1947).

Pontenova.es: ¿Cómo se chama a casa donde naciche e quenes eran teus pais?

Nacín na Pontenova o ano 1947, na casa que todo o pobo coñecía como a casa de Gabriel, por meu avó. Meu pai, Elías, foi moitos anos corresponsal do Banco Pastor na vila, e miña nai, Amparo, foi boticaria da Pontenova desde o ano 1934 deica os primeiros anos 80 nos que meu irmán Elías se fixo cargo da farmacia.

Pontenova.es: ¿Das escolas que había naqueles anos no Concello de A Pontenova a cal delas fuche?

Fun a escola de Goios, onde o mestre era Don Segis, e lémbrome de que en aqueles anos – a década dos cincuenta – a media mañán tiñamos un almorzo de leite en po e queixo moi semellante o Gouda, que viña en grandes latas e era de procedencia norteamericana, do famoso Plan Marshall. Creo que os de Goios éramos unos nenos privilexiados ó ter o campo de fútbol a carón da escola. Aquel campo de fútbol costa abaixo o con herba só nunha das catro esquinas, para nós era como o Bernabeu. Xogábamos con pelotas de goma, que se rompían a feito, porque alguns nenos xogaban con zocas, sobre todo nos invernos. Un día, xa esquecín de quen fora a idea, como  se rompera a pelota empezamos a xogar con nabos de forraxe que, como eran redondos, corrían ben pero duraban sete patadas cada un.

Pontenova.es: ¿Qué recordos se che veñen á cabeza da tua infancia e xuventude na Pontenova?

A partir dos dez años en que meus pais nos mandaron a estudar a Vigo as miñas estancias na Pontenova prácticamente se reducían as Navidades e os verans. Xa na xuventude, gardo na memoria, sobre todo, a grande amizade que tiven con Jaime de Coladas.

Pontenova.es: ¿Qué edad tiñas cando te fuche definitivamente da Pontenova e cales foron os motivos?

Como casi todos os da miña xeración, o acabar os estudos, tocounos marchar a donde había traballo. No meu caso, como muitos outros da Pontenova, atopei traballo na multinacional Unilever, en Madrid, que daquela – os anos setenta – era a cidade de España onde a oferta de traballo era mais abundante.

Pontenova.es: ¿En que cidades residiche durante todos este anos e en cal estás asentado na actualidade?

A maior parte da miña vida profesional residín en Madrid, salvo tres anos, desde 1989 a 1992, nos que fun a traballar a Granada, na empresa Portinox, do grupo Teka que, como producto principal, facía barriles de aceiro inoxidable para os fabricantes de cervexa. Vivín en Bilbao, Madrid, Granada, A Coruña e, actualmente, en Valladolid. Sempre me encontrei a gusto en todolos sitios, pero a onde volvo  con verdadeiro pracer, aparte de Galicia, e a Asturias e ó Pais Vasco.

Pontenova.es: ¿A que te dedicas profesionalmente?

Son economista e toda a vida me dediquei a traballos relacionados con esa profesión. Estiven en empresas hasta a idade de 50 anos en que tomei a decisión de facerme autónomo. A partir de ahí, fun asesor mercantil e fiscal de empresas e de particulares, e din moitos cursos de formación contable - aproveitando a implantación en España das Normas Internacionais de Contabilidade - e fiscal a empresas, aparte de ser profesor asociado na Escola Superior de Inxeniería Civil de Madrid. Este último traballo, a pesar de non estar moi ben remunerado,  foi o mais pracenteiro da miña vida. Estaba considerado un bon docente, probablemente porque, ademáis de economía de empresa, aproveitaba as novas da prensa para contarlles, desde unha perspectiva económica, cousas de actualidade como a burbulla inmobiliaria, as obrigacións que lanzaban o mercado Nova Rumasa, algunas Comunidades Autónomas, etc. E como para explicarlles algo de cálculo de finanzas utilizaba a aplicación Excel, empezaron a pedirme mais clases de Excel, que lles encantaban. Por algo eran estudantes de Inxeniería.

Pontenova.es: ¿Sigues vindo algo po la pontenova?, ¿cando ves en que sueles entrentenerte?

Desde hai anos vou moi pouco pola Pontenova, pero sigo en contacto con xente da vila. En Madrid, de cando en cando, atopábame con algún; con Pepe Muruais porque vivíamos perto un do outro, ca encantadora Lucía – a nosa Luchiña – porque coincidíamos nos conciertos dos sábados no Auditorio Nacional de Música, e recordo unha vez que me atopei no metro de Madrid con Pepe de Regos, e démonos una aperta tan espontánea e tan forte que todo o vagón se quedou mirando para nos. Nos derradeiros anos en Madrid, viámonos decote con Pepe Miranda e a sua muller.

Pontenova.es: ¿Segues a actualidade do concello habitualmente?, ¿Coñecias a nosa página Web?

Todos os días o ler a prensa dixital, sempre lle boto unha ollada A Mariña do Progreso, e unha vez a semana, mais ou menos, gostame ver a páxina dixital da Pontenova.es que e verdadeiramente interesante; estádes facendo un magnífico traballo. En canto a Pontenova, desde hai tres anos, estou investigando a época dourada da mina de Villaodrid, que abarca desde 1903 a 1914, en que a Primeira Guerra Mundial estragou o negocio. Estiven recollendo información no Arquivo Xeral da Administración en Alcalá de Henares, no servicio de Microfilmación da Universidade do País Vasco – os accionistas da Sociedad Minera de Villaodrid eran vascos – no arquivo Xeral de Galicia no Monte Gaiás, no Arquivo da Diputación de Lugo,  e agora no Arquivo Universitario de Santiago. A Pontenova naceu asemade da Mina que, xunto co ferrocarril, empregaba eses anos a mais de quinientas persoas, era unha das empresas mais importantes da provincia. Toda a sua producción iba os mercados de Gran Bretaña - sobre todo a Glasgow, que tiña unha fortísima demanda de aceiro, xa que alí estaban os maiores asteleiros de barcos de aceiro do mundo - e a Alemania, vía Rotterdam, destinado as grandes siderúrxicas alemanas. Fixéronse daquela, aprobada a sua inclusión no plan de ferrocarriles secundarios por Real Orden de 16 de abril de 1909, dous proxectos de ferrocarril que se presentaron o Ministerio de Fomento; un desde Villaodrid a Lugo, con estacións en Riotorto, Aldurfe, Meira, etc. e outro, máis importante, a Vilafranca do Bierzo, para chegar as minas de ferro do Coto Wagner e ó carbón de Villablino, con estacións en Vilargondurfe, San Xurxo de Piquin, Santa Eulalia de Piquin, Fonteo, Baleira, etc. Desafortunadamente a Primeira Guerra deu con todo ó traste.
Espero poder contar esa historia, que é unha parte moi importante da historia da Pontenova, en pouco tempo.