miércoles, 25 de enero de 2017

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

O Sporting Pontenova, está ante unha situación apaixoante, na que necesita o apoio de todos vos. Líder da clasificación da Segunda Categoría Autonómica Rexional, dende a Xornada 7 afronta esta xornada un partido vital, a falta de 12 para finalizar o Campionato.  Fundado en 1979, militou unha temporada en Terceira División Nacional, 6 en División Preferente Autonómica, 12 en Primeira Autonómica, 15 en Segunda Autonómica e 3 en 3ª Autonómica.

Sporting Pontenova. História viva do noso Concello
Este Domingo ten una cita importante, un partido trascendental, na pelexa polo ascenso, por volver a unha categoría na que hai máis de 15 anos que non está.

Aproveitando que o horario non coincide co Real Madrid, F.C. Barcelona, Real Club Celta de Vigo nin R.C. Deportivo da Coruña, comprácenos invitarvos a esta cita, na que necesitamos o apoio e alento na nosa afección, do noso pobo, da nosa xente .

DOMINGO 29 DE XANEIRO DE 2017
16:00h
CAMPO DA MINA

SPORTING PONTENOVA – S.D. GUITIRIZ



¡Aúpa Sporting!