lunes, 16 de enero de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

SPORTING PONTENOVA 3 - S.D. MUIMENTA 2

A.Bouza, autor do 3º gol 
Sp. Pontenova: Rubenón, Luis (Puente), Héctor, Davicín, Villi, Borja, Tontxu (Cristian), Carlos Lopez (Maketo), Jorgin (A. Bouza), Pasarín e Matelo. 

Goles: Pasarín, Héctor e Andrés Bouza. 

O Sporting Pontenova segue intratable no que vai de 2017. Segunda victoria consecutiva dos pupilos de Dani Moirón, desta vez fronte a un bo Muimenta que vendeu cara a súa pel. 

Nun mal partido dos locais, que foron a remolque no marcador ata en duas ocasions, o equipo sacou a garra para conseguir quedarse cos tres puntos en xogo, gracias a un gol de Andrés Bouza no tempo de desconto, de remate de cabeza tras unha falta lateral. Poñianse as cousas dificiles cando no minuto 15 se adiantaba a S.D. Muimenta, pero apenas 10 minutos mais tarde Adrian Pasarín poñia as tablas no marcador, resultado co que se chegaría ao descanso. 

Xornada 17. Resultados e clasificacion oficial
Na segunda metade, dominio do equipo local, que erraba ocasión tras ocasión, e nunha das poucas chegadas do Muimenta, no minuto 71 o equipo visitante conseguía poñerse por diante de novo no electrónico. Tres minutos máis tarde Héctor, tras saque de esquina,  volvía poñer as táboas no marcador, e non sería ata o minuto 92 cando Andrés Bouza colocaba o definitivo 3-2. 

Con este resultado, o equipo dirixido por Dani Moirón continúa unha xornada máis no primeiro posto, aumentando a distancia a 4 puntos co 3º Clasificado que marca os postos de ascenso directo a Primeira Autonómica Rexional, a falta de 13 partidos para o remate do Campeonato Regular de Liga. 

O próxima xornada, o equipo desplazase ao Vicedo, nunha dificil saída, para medirse a U.D. Folgueiro. O partido terá lugar o Sábado 21.01.2017 as 16:00h no Campo de Boavista (Folgueiro - O Vicedo)

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. 2ª FASE

E.D. LOURENZA 1 - SPORTING PONTENOVA 4

Sp. Pontenova: Diego, Dani, Juan, Alvaro, Fran, Roi, Pedro Neira, Mateo, Joselu, Marcos e Ivan. Tamen xogaron: Anxo e Pedro Vadin.

Goles: Pedro Neira II, Joselu e Fran.

¡Aúpa Sporting!