miércoles, 11 de enero de 2017

A Deputación investiu 32.463 euros en 4 axudas en A Pontenova


Resultado de imagen de diputacion lugo
O goberno da Deputación financiou na Mariña con 391.000 euros un total de 72 actuacións que favorecen a actividade agrogandeira e pesqueira, así como a vida en pequenas localidades. Fíxoo en núcleos rurais de 14 Concellos mariñáns aos que pertencen os colectivos veciñais, que resultaron beneficiados das axudas do plan de impulso ao rural e ao sector primario. Estes municipios son os de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

Na Pontenova a Deputación investiu 32.463 euros en 4 axudas: 1 para a recuperación de terras abandonadas, con 1.075 euros; 2 para melloras en accesos públicos, con 23.999 euros; e 1 para o arranxo dunha traída de auga, con 7.388 euros.

En Barreiros a Deputación investiu 25.814 euros: 1 para o recuperación de terras abandonadas, con 3.535 euros; 2 para a creación de invernadoiros, con 10.300 euros e mellora de accesos públicos con 11.979 euros.
En Burela investiu 14.861 euros en 5 axudas, todas elas para a mellora de embarcacións de pesca de baixura.
En Cervo investiu 5.414 euros en 2 axudas, para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e dotalas de equipamento.
En Foz a Deputación investiu 18.366 euros en 4 axudas: 3 para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e para dotalas de equipamento, con 8.966 euros; e 1 para melloras na rede de auga, con 9.400 euros.
En Lourenzá investiu un total de 51.460 euros en 9 axudas: 6 para melloras de invernadoiros, con 26.058 euros; 2 para melloras en accesos, con 19.292; 1 para traídas de auga con 6.110 euros. 
En Mondoñedo investiu un total de 87.698 euros en 10 axudas: para a recuperación de terras abandonadas, con 3.900 euros; para a creación de invernadoiros, con 5.500 euros; para melloras en accesos públicose o arranxo de traídas de auga. En Ourol investiu 10.000 euros na mellora da rede de auga.
En Ribadeo investiu un total de 34.624 euros para a mellora de embarcacións de pesca de baixura, melloras en accesos públicos, traídas de auga, con 10.000 euros; 1 para dotación de equipamento nun centro social, con 2.041 euros. 
No Valadouro o Goberno da Deputación investiu un total de 17.655 euros en 3 axudas: 1 para a creación dun invernadoiro, con 5.200 euros; 1 para equipamento dun centro social, con 6.200 euros; e 1 para restauración dun local social, con 6.225 euros.
No Vicedo investiu 13.325 euros na mellora de embarcacións de pesca de baixura e para un invernadoiro.
En Viveiro o Goberno da Deputación investiu un total de 32.288 euros para a mellora de embarcacións de pesca e un invernadoiro e en Xove a Deputación investiu un total de 17.520 euros tamén en embarcacións.