miércoles, 26 de abril de 2017

Esquela funeral Manuel Rodríguez Salgado "Casa Marelo - Espasande de Abaixo" - Riotorto

Clic para ampliar

Fotos do Museo de Pesca da Pontenova


Ca colaboración de Taracho puidemos sacar estas fotos do Museo de Pesca da Pontenova que se poderá visitar este fin de semana na Festa da Troita. Destacar que gran parte do material foi donado por Miguel Piñeiro Moure. Si algunha persona está interesada en donar algún artículo para este museo pode facelo contactando con Taracho (Faráselle un justificante co desglose das cousas que done ó museo e poderá retiralas cando queira).
Pincha en "Leer más" para ver as outras fotos.

Gorca Rete, libro escrito por Monse Fernández

lunes, 24 de abril de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

SPORTING PONTENOVA 5 - MEIRA F.C.  0

Xornada 30. Resultados e Clasificación Oficial

Sp. Pontenova: Ruben, Luis (Cristian), Álvaro (Mac), Héctor, Tontxu, Andres Bouza. Borja (Roi). Jorgín (Moro), Carlos (Puente), Adrian Pasarín e Matelo. 


Goles: Jorgín, Matelo, Adrian Pasarín, Puente e Propia Porta.

O Sporting Pontenova acaba a temporada como CAMPIÓNS da categoría ao gañar ao Meira, que se xogaba evitar o descenso e queda agora terceiro pola cola pendente dos posibles arrastres que se poidan producir desde Preferente e Primeira Autonómica.

O encontro estivo dominado completamente polos locais que sen embargo marcharon ao descanso cunha diferenza mínima (1-0), un gol obra de Jorge no minuto 24 nunha xogada combinada na que rematou a escadra. O Meira dispuxo dunha clara ocasión para empatar ao bordo do descanso. Tras un erro local en defensa, o dianteiro visitante Dan Ionut logrou disparar pero o seu tiro parouno o porteiro do Pontenova Rubén

Na segunda metade o Meira non creou perigo e o Pontenova foi aumentando a súa renda. O segundo tanto foi obra de Matelo en xogada persoal, o terceiro de Puente logo dun saque rápido dunha falta que o deixou só ante o porteiro e o cuarto de Pasarín de tiro desde a frontal. O último gol foi en propia porta. 

Con este partido, remata unha temporada histórica para o Sporting Pontenova, na que conseguiu o ascenso de categoría 20 anos despois e na tarde de onte proclamábase tamen Campión de Liga.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL (2ª FASE)

U.D. PASTORICENSE 2 - SPORTING PONTENOVA 2

Sp. Pontenova: Cubelas, Alberte, Juan, Álvaro, Anxo, Roi, Fran, Pedro Vadin, Andrei, Mateo e Dani. Tamen xogaron: Marcos e Joselu.

Goles: Roi e Fran

SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8 

E.D.M./SPORTING PONTENOVA 1 - RACING VILLALBÉS "B" 3

E.D.M./Sporting Pontenova: Paulo, Marcos, Samuel, Ismael, David, Paula, Mario e Leandro. Tamen xogaron: Iago, Rubén e Bruno.

Gol: Mario

¡AÚPA SPORTING!

RECORDATORIO: Cea Escudería A Pontenova

jueves, 20 de abril de 2017

Día de festa na Mina, o Sporting a un paso de ser Campeón de Liga

video

SPORTING PONTENOVA



¡Día Gualdinegro!
 Aproveitando a última xornada de liga na que o Sporting xoga como local o derbi contra o Meira F.C., co ascenso de categoría xa asegurado, e coa posibilidade en xogo de ser Campión de Liga, o club quere que sexa un dia de FESTA en agradecemento a este grupo de rapaces que tanto nos fixeron sufrir/desfrutar esta temporada, na que despois de 20 anos conseguiron voltar a 1ª Rexional Autonómica.
A túa cita está no Campo da Mina este Domingo, as 17:00h.
¡Aúpa Sporting!

Mariano Castiñeira fue médico en A Pontenova

Mariano Castiñeira, con Tito Margaride

miércoles, 12 de abril de 2017

Semana Santa 2017 A Pontenova


Eterno Margaride

El exatleta recibió un intenso homenaje en A Pontenova, donde se reconoció el mérito de toda una vida marcada por la enfermedad que le impidió participar en los Juegos de Barcelona. Miguel González, una de las principales promesas del atletismo español, es hijo de Margaride y apunta a ser fondista de élite.

Margaride, entre su hijo y Castiñeira en el homenaje de ayer. . j. vázquez

¡𝗗Í𝗔 𝗚𝗨𝗔𝗟𝗗𝗜𝗡𝗘𝗚𝗥𝗢!

 Aproveitando a última xornada de liga na que o Sporting xoga como local o derbi contra o Meira F.C., co ascenso de categoría xa asegurado, e coa posibilidade en xogo de ser Campión de Liga, o club quere que sexa un dia de 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔 en agradecemento a este grupo de rapaces que tanto nos fixeron sufrir/desfrutar esta temporada, na que 𝑑𝑒𝑠𝑝𝑜𝑖𝑠 𝑑𝑒 20 𝑎𝑛𝑜𝑠 conseguiron voltar a 1ª Rexional Autonómica. Iremos avanzando os actos e sorpresas que se organizarán para ese día.




 ¡Aúpa Sporting!

Homenaxe a Tito Margaride na Pontenova

Aviso sobre estacionamento na rúa do Río o Xoves Santo


O tempo na Pontenova en Semana Santa


Reapertura Rony Bar en A Feira


lunes, 10 de abril de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

C.D. COSPEITO 4 - SPORTING PONTENOVA 1

Xornada 29. Resultados e Clasificación Oficial
Sporting Pontenova: Xoel, Bruno, Mac (Hector), Davicín, Villi (Matelo), Andres Bouza, Borja, Cristian (Tontxu), Jorge (Carlos), Adrian Pasarín e Puente.

Gol: Tontxu

O Sporting Pontenova viuse sorprendido por un gran C,D, Cospeito e non puido sacar nada positivo do Campo de A Fonte. 

Comeza ben o partido para o cadro dirixido por Dani Moirón que tiña o control absoluto do partido, pero no min 35 o conxunto local adiantábase logo dunha boa xogada individual do seu dianteiro. Con este resultado se chegaría ao descanso.

Na segunda metade o Sporting Pontenova adiantou liñas en busca do empate, pero veríase sorprendido pola velocidade dos dianteiros locais e que se colocarían 3-0 logo de transformar un penalti e unha contra ben levada. Recortaría distancias o para o equipo gualdinegro Tontxu de penalti, metendo o equipo no partido pero o Cospeito non tardaría en colocar o 4-1 definitivo a saida dun córner. Dende ese momento ata o final, o Sporting intentouno, pero con mais corazon que cabeza e non conseguiu materializar as múltiples ocasions das que disfrutou en gol. 

Tontxu. Autor do gol
Con este resultado o equipo segue líder da clasificación, pero a tan só un punto colócase o C.D. Xermade, que na tarde de onte conseguiría tamen o ascenso matemático de categoría, e deste xeito acompañará o equipo de Dani Moirón a próxima temporada en 1ª Autonómica Rexional. 

Na última xornada o Sporting recibe o Meira F.C. no derbi, o cadro local xa ascendido precisa gañar para levantar así o título da categoría. O partido previsiblemente será o vindeiro Domingo 23.04.2016 as 17:00h no Campo da Mina. 

 Acompáñanos no último partido da tempada para despedir desta forma todos xuntos o que foi un ano deportivo histórico conseguindo o ascenso a 1ª Autonómica Rexional 20 anos despois. Fagamos do Campo da Mina unha festa na última xornada de liga. 


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

SPORTING PONTENOVA 3 - E.F. POLVORÍN 3

Sporting Pontenova: Diego, Alberte, Juan, Fran, Anxo, Roi, Pedro Neira, Mateo, Andrei, Ivan e Joselu. Tamen xogaron: Cubelas, Marcos e Raúl. 

Goles: Juan e Pedro Neira II

SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8

S.D. PORTO BURELA "B" 5 - E.D.M. SPORTING PONTENOVA 1

EDM/Sp. Pontenova: Paulo, Marcos, Samuel, Ismael, Ruben, David, Paula e Mario. Tamen xogaron: Diego e Bruno.

Gol: David

¡AÚPA SPORTING!

Festa da Pascua en Villaouruz


La Xunta suelta 79 ejemplares de trucha en el río Eo, a su paso por el municipio de A Pontenova

Suelta de crías de salmón. TWITTER