lunes, 7 de noviembre de 2016

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

E.D. LOURENZÁ 1 - SPORTING PONTENOVA 1

"O inexplicable tempo de desconto decretado polo arbitro (8 min) priva ao Sporting dun mellor resultado"


Sp. Pontenova: Ruben, Luis, Hector, Davicín, Villi, Andrés Bouza, Roi, Tontxu (Borja), Adrian Pasarín (Ivan Fdz) , Cristian (Puente) e Matelo (Carlitos). 


Gol: Adrian Pasarín (min. 72)

O Lourenzá consiguiu na casa un meritorio empate ante o líder, o Sporting Pontenova, nun partido igualado. na primeira parte comezou o Pontenova máis metido no partido fronte a un Lourenzá cun so punta, Iván Recalde, ao que practicamente non lle chegaban balóns.

Sen embargo, o Lourenzá tivo mais valentía na segunda metade e o partido abriuse. Adiantábase no marcador o equipo visitante cun gol de Adrian Pasarín, que controlou e tirou a reviravolta.

Pero o Lourenzá seguino tentando e xa no tempo de desconto o E.D. Lourenzá conseguía empatar o partido no minuto 7 de desconto logo do incomprensible tempo de desconto decreatado polo árbitro, logo de ser un partido tranquilo. 

Tras este resultado o equipo segue líder, con 4 puntos de ventaxa sobre o segundo clasificado a SDC Cabreiros e con 5 puntos de marxe sobre o terceiro clasificado, que marca os postos de ascenso directo a Primeira Autonómica Rexional. 

A vindeira xornada visita o Campo da Mina o Iberia C.F. 4º clasificado, nun partido que terá lugar o Sabado 12.11.2016 as 16:30h no Campo da Mina.


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

SPORTING PONTENOVA 3 - C.D. COSPEITO 4

Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Anxo, Álvaro, Joselu, Marcos, Juan, Cube, Iván, Fran e Andrei. Tamen Xogaron Neira, Nabriga, Pedro Vadín, Raúl e Mateo.

Goles: Fran e Andrei (II)

O Cospeito sacou os tres puntos da súa visita ao Campo da Mina tras un choque no que os locais comezaron moi ben con dous tantos en xogadas de estratexia a balón parado. Pero os visitantes non baixaron os brazos e conseguiron o 2-1 tras un gran tiro que descolocou aos locais, que caeron nun tramo de desorde no que chegou o empate, tras un saque de falta. No segundo tempo outro balón parado permitiu o 3-2, pero o cansazo e o esforzo visitante permitiron o remonte nos minutos finais.

A vindeira xornada o equipo xuvenil visita as E.F. Polvorín "B".

SEGUNDA ALEVIN NORTE

E.D.M./SPORTING PONTENOVA 1 - RACING VILLALBÉS "B" 1

E.D.M./Sporting Pontenova: Pailo, Kevin, Ismael, Marcos, Mario, Samuel, Leandro, Paula, Bruno, Iago, Diego, Ruben e David.

Gol: Leandro

¡AÚPA SPORTING!

El proyecto de A Chocolateira busca recuperar la memoria del tren minero

Tramo de la senda verde que recorre la antigua mina del ferrocarril. J. VÁZQUEZ (AMA)

Nueve concellos vinculados a la Vía Rexia formalizan un convenio

Algunos asistentes a la reunión. TEÓFILO LÓPEZ