lunes, 24 de octubre de 2016

Miguel Costas no X Festival das Minas


SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

S.D. CANDELARIA 0 - SPORTING PONTENOVA 2

Sp. Pontenova: Rubenon, Luis (Alex), Hector, Borja, Villi, Andrés Bouza, Roi, Tontxu (Ivan), Puente (Jorge), Adrian Pasarín (Cristian) e Matelo (Keitas).

Goles: Matelo e Adrian Pasarín

O Sporting Pontenova segue líder tras gañar o sábado a domicilio a S.D. Candelaria nun partido no que o cadro visitante foi superior, adiantandose no marcador no minuto 18 por medio de Matelo, logo de culminar no primeiro pau unha xogada elaborada.

Resultados e Clasificación Oficial. Xornada 8
A S.D. Candelaria aguantou ben ante o líder, pero o Sporting Pontenova chegou máis fresco ao final do partido e lograba o segundo gol no minuto 88, nunha xogada de Andrés Bouza, xogador procedente do Ribadeo e que marca a diferenza nesta categoría, que deu o pase da morte para que Adrián Pasarín anotara.

Con este resultado o Sporting Pontenova é máis líder de Segunda Autonómica Rexional, tras encadear o seu cuarto triunfo consecutivo, con tres puntos vantaxa sobre o segundo clasificado,  o C.D. Xermade.

A vindeira xornada o equipo gualdinegro recibe ao C.D. Alfoz, no partido correspondente a Xornada 8 de Segunda Autonómica Rexional, que terá lugar o SABADO 29 de Outubro as 16:30h no Campo da Mina.


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

SPORTING PONTENOVA 0 - SDC RESIDENCIA 4

Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Cubelas, Anxo, Pedro, Fran, Álvaro, Juan, Joselu, Ivan e Andrei. Tamen xogaron Marcos, Javi, Mateo, Raúl e Dani.

A Residencia B reivindicuouse cunha solvente victoria na Mina. Os blanquiazuis completaron unha boa primeira parte con varias ocasions pero antes do descanso só Ceide encontrou o camiño do gol, nun remate de cabeza tras unha boa acción combinativa.

Na segunda metade o equipo visitante aumentaría a ventaxa ata o definitivo 0-4.

A vindeira xornada o equipo de Andrés Bouza visitará o Pepe Barrera para enfrontarse a S.D. Ribadeo.

SEGUNDA AUTONÓMICA ALEVÍN NORTE

SP. PONTENOVA/EDM A PONTENOVA 1 - A.D. PORTO BURELA "B"5


Sp. Pontenova/E.D.M. A Pontenova: Paulo, Ismael, Iago, David, Samuel, Paula, Leandro, Diego, Bruno, Kevin, Marcos, Ruben e Mario.

Gol: Leandro

¡AÚPA SPORTING!


HORARIOS MISAS DE SANTOS Y DIFUNTOS

Clic para ampliar

Fiesta de Hallowen en Bar Rony


Comparte en facebook e axúdasnos a chegar a máis xente.

Maxia na Casa do Fidalgo no Machuco


Resultado de imagen de mes da maxia