lunes, 10 de octubre de 2016

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL. GRUPO 6

C.D. XERMADE 2 - SPORTING PONTENOVA 3


Xornada 6. Resultados e Clasificación
Sp. Pontenova: Xoel, Luis, Hector, Davicín, Villi (Ivan Fdz), Andres Bouza, Tontxu (Cristian), Roi, Jorgín (Puente), Borja (Adrian Pasarín) e Matelo. 

Goles: Tontxu II e Matelo. 

Partido igualado entre o Xermade e o Sporting Pontenova, que se levou os tres puntos. Fiel ao seu estilo, se complicacións defensivas e xogando con balóns longos á espalda da defensa rival, o Sporting Pontenova conseguiu unha renda de dous goles ao descanso, que ampliou ao comezo da segunda metade cun gol mais.

Pero o Xermade reaccionou na segunda parte e acosou ao Pontenova, que xogou sen un dos seus porteiros, Ruben, que foi expulsado na xornada anterior co Cabreiros e estaba sancionado.


Táboa de Goleadores 

O Xermade conseguiu recurtar diferenzas e maquillar o resultado, que finalmente sería de    2-3.

Con este resultado o Sporting Pontenova situase colíder, en postos de ascenso directo empatado a puntos co Iberia C.F. 

A vindeira xornada visita o Campo da Mina a S.D. Pol,, nun partido que terá lugar o Domingo 16 de Outubro as 16:30h.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 7

SPORTING PONTENOVA 1 - S.C. SAN CIPRIAN 0


Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Alvaro, Anxo, Joselu, Cubelas, Fran, Ivan, Juan, Andrei e Javi. Tamen xogaron Dani, Petre e Mateo. 


Gol: Andrei

O Equipo Xuvenil conseguiu a súa segunda victoria da temporada, logo dun bo partido, que lle fai escalar postos na clasificación.

O equipo de Andrés Bouza, moi mermado polas baixas, sacou adiante un partido que lles da folgos para seguir traballando nesta liña ascendente. 

Na primeira metade o equipo visitante foi superior, con numerosas ocasións, moitas delas claras,  pero non conseguiu levar ao marcador a súa superioridade sobre o campo. Chegaríase ao descanso co resultado inicial de 0-0.

Na segunda metade, igualaronse as forzas, e sería o equipo gualdinegro o que golpearía primeiro, por medio de Andres Bouza tras unha xenial asistencia de Fran. O equipo visitante adiantou liñas en busca do empate, tendo varias ocasións claras, pero o Pontenova sería capaz de aguantar o resultado e por vez primeira nesta temporada, deixaría a portería a 0. 

Con este resultado o equipo da Mina ocupa a 5ª posición da clasificación, a mellor dos últimos anos, tras a disputa de 4 xornadas. 

A vindeira xornada desprazanse ao Municipal do Cembedo, para medirse ao Viveiro C.F. "B"

                                     ¡Aúpa Sporting!

Catalin, con un «hat-trick», fue el motor del Superti en A Coruña

Resultado de imagen de superti futbol sala

Inauguración tenda de roupa Mr. B en Lugo