lunes, 19 de septiembre de 2016

Cambio de hora mitín PP



Comparte en facebook e axúdasnos a chegar a máis xente.

Esquela funeral Manuel Cabo Rodríguez "Casa do Nuco - Lorigados" - Riotorto

Clic para ampliar

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 6

SPORTING PONTENOVA 5 - U.D. FOLGUEIRO 2

Matelo. Autor de 4 goles no encontro
Sp. Pontenova: Rubo, Puente, Luis, Bruno, Villi, Roi (Moro), Andres Bouza (Zana), Tontxu, Jorgín (Cristian), Borja (Carlitos) e Matelo (Keitas)

Goles: Matelo IV e Jorgín

O Sporting Pontenova superou a U.D. Folgueiro, nun partido que se lle puxo costa arriba no minuto 15, cando o equipo visitante se adiantaba no marcador. Lonxe de virse abaixo, o equipo gualdinegro adiantou as súas liñas dandolle a volta ao marcador conseguindo  chegar ao descanso co resultado favorable de 3-1. 

Na segunda metade o Sporting saiu decidido a pechar o partido e froito diso, no minuto 5 da reanudación marcaba  o que parecía definitivo 4-1. Xa preto do final o equipo visitante recurtaba diferenzas pero na seguinte xogada o equipo gualdinegro colocaba o definitvo 5-2. 

Este resultado coloca ao equipo de Dani Moirón líder da categoría con tres xornadas disputadas, algo anecdotico pero que refrenda o bo traballo que está a realizar o equipo.

A vindeira xornada o equipo desprázase ao Suso Cruz (Guitiriz) para enfrotnarse ao equipo local. O partido terá lugar o Domingo 25.09.2016 e dará comezo as 17:00h.


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 7

S.D. BURELA 6 - SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Marcos, Alvaro, Andrei, Fran, Joselu, Anxo, Juan, Ivan e Roi. Tamen xogaron: Mateo, Pedro, Dani e Javi.

Un Burela moi superior impuxose por un contundente 6-0 ao equipo dirixido unha temporada mais por Andrés Bouza. A diferencia fisica e o maoir acoplamento do equipo local fixeron que o partido non tivese historia.

Na vindeira xornada o equipo recibe as E.D. Lourenza, nun partido que terá lugar o sábado as 18:00h no Campo da Mina.

¡Aúpa Sporting!

Cartel festas de octubre A Pontenova 2016