viernes, 24 de junio de 2016

SPORTING PONTENOVA TEMP. 16-17

TERCEIRA INCORPORACIÓN DO CADRO GUALDINEGRO

"Pim Pam Pum, a volta do Pistoleiro"

ANDRES FERNANDEZ RODRIGUEZ  "Matelo" volverá vestir a camiseta gualdinegra logo de seis temporadas. Xogador Asturiano de 25 anos, que xa formara parte do Equipo Xuvenil do Sporting Pontenova nas tempadas 2008-2009 e 2009-2010, conseguindo ser o pichichi da categoría anotando  a frioleira cifra de 29 e 40 goles respectivamente por temporada. Nesas duas tempadas o equipo xuvenil fora Subcampeón e Campeón, e conseguira clasificarse para disputar a Fase de Ascenso a Liga Galega Xuvenil, quedando as portas do cambio de categoría. 

Logo do seu paso polo Real Tapia C.F. e pola S.D. Astur Vegadense, último equipo no que militou, o dianteiro volve a clube que o viu medrar. 


Con moita ilusión, Matelo regresa para tentar axudar ao equipo en todo o que poida e aportar o compromiso, loita e adicación que o caracteriza.  

Únese así as incorporacións de Andrés Bouza e Bruno Bouza, ademáis dos xuvenís Borja Lombardero e Cristian Nabriga e da volta de Manu Miranda tras unha lesión de larga duración. 

Deste xeito a directiva e o corpo técnico do Sporting Pontenova dan prácticamente por cerrada a plantilla que afrontará a próxima temporada en Segunda Autonómica Rexional, co obxectivo de seguir medrando e tentar consolidar ao equipo na categoría.

O equipo comezará os adestramentos o  1 de Agosto e xa ten varios partidos amistosos cerrados como por exemplo Meira F.C., A.D. Valadouro ou U.D. Pastoricense. 

¡Aúpa Sporting!



"Ponte das Artes" da Pontenova

Envíamos estas curiosas fotos Miguel da Xolda. Trátase da ponte peatonal que une os dous lados do pueblo e que cruza o río Eo. Intentando emular a famosa ponte das Artes de París donde a xente coloca un candado como mostra de amor, aquí na Pontenova tamén temos algo parecido.