miércoles, 20 de abril de 2016

«Houbo momentos en que se me pasou pola cabeza tirar a toalla»

Fuente: La Voz de Galicia
O 23 de xuño, Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo, era elixida presidenta da Deputación Provincial de Lugo cos votos do PP. Pouco despois chegaría a moción de censura e o 8 de outubro Darío Campos, alcalde socialista de A Pontenova, a sucedía no cargo. Xa pasaron seis meses, un tempo tumultuoso polo efecto que tiveron as decisións de Manuel Martínez, que condicionou o goberno provincial. De feito, a aprobación dos orzamentos demorouse ata finais do mes pasado, e se saíron adiante foi porque o PP non se opuxo, xa que Martínez non lles dou o seu voto. Seis meses dos que Darío Campos fai balance nesta entrevista. ¿Dubidou en algún momento con tirar a toalla?
-A verdade é que houbo momentos en que se me pasou pola cabeza, pero hai que ser responsable e mirar de seguir, traballar e sacar as cousas adiante.
-¿Cree que os votantes lles pasarán factura ou se co tempo que queda de mandato se esquecerán os enfrontamentos?
-Unha vez que aprobamos os orzamentos agora toca executalos, investir os cartos onde

Coiros da semente en Villaoudrid

Mándanos Miguel da Xolda estas 3 fotos dunhos coiros da semente en Villaoudrid. Concretamente dun deles dícenos: "O coiro ca verza ten 3,70 m. Ten aproximadamente  3 anos e non ten trazas de grilar, de momento  vale para facer o caldo de verzas , aínda que van ser duras , ou esperar a grilar para a semente. Esta col esta en villoudrid".