lunes, 21 de marzo de 2016

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

O Sporting Pontenova vence e convence

A.D. FERROVIARIA 0 - SPORTING PONTENOVA 3


Sp. Pontenova: Ruben, Garboso, Carlitos, Roi, Mac, Jorge, Tontxu, J. Moirón, Alex, Couxela (Keitas) e Adrian Pasarín.


Goles: Garboso, J. Moirón e Couxela.

O equipo dirixido por Dani Moirón, colleitou tres puntos na súa visita ao dificil campo Luis Gorgoso (Lugo), escenario onde perderon equipos de gran potencial como o C.D. Foz ou o Riotorto C.F. 
Presentabase o equipo gualdinegro plagado de baixas, pero os xogadores que foron deron a cara e competiron a gran nivel. 

A primeira metade acabaría 0-0, pero na segunda, Garboso cun gran tiro dende fora da área abria o marcador. Despois tras a expulsión dun xogador local, o equipo visitante sentenciaria o partido, primeiro cun gol de Jorge Moirón e finalmente o 0-3 definitivo obra do Couxela tras unha boa xogada persoal de Tontxu.

A vindeira xornada o Sporting recibe ao Riotorto C.F., equipo que xa celebrou o seu ascenso de categoría. O partido terá lugar o sábado 02 de Abril de 2016 as 17:00h no Campo da Mina. 


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

SPORTING PONTENOVA 1 - S.D. RIBADEO 4

Sp. Pontenova: Mateo, Pedro, Dani, Alvaro, Pedride, Fran, Christian, Borja, Andrei Cubelas e Juan. Tamen xogaron: Marcos, Ivan, Anxo e Raúl.

Gol: Christian Nabriga

CATEGORÍA BENXAMIN

E.D.M./SPORTING PONTENOVA 2 - MONDOÑEDO F.C. 1

Sp. Pontenova: Samuel, Ismael, Oscar, Mario, David, Iago, Ruben e Paulo. Tamen xogaron: Diego, Iker e Paula.

Goles: Paulo e Iker

¡Aúpa Sporting!

Curso de aplicador de productos

Talleres de memoria e manualidades e ximnasia de mantemento para os maiores de A Pontenova.