martes, 2 de febrero de 2016

NOITE DE MONÓLOGOS E RETRANCA


¡Xa queda menos!

O 20 de Febreiro estarán na Pontenova Luis Zahera, coñecido por importantes series na TV (Pertur en Sin tetas no hay paraiso; Petroleo en Mareas Vivas ou o Carteiro do Luar) e Javi Varela, Actor de TV, cine, teatro e presentador e monologüista, que actualmente esta na TVG en Urxencia 0.

 A venda de entradas vai a bo ritmo. Aforo limitado, non quedes sen a túa


¡LEMBRA! 

O sabado 20 de Febreiro de 2016 as 20:30h na Casa da Cultura

S.D. Albións na XIII EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR LUGO MONUMENTAL

(As fotos desta noticia foron sacadas por Ramón de Xudán, Carlos Aguiar, Ventura e Paul Calvín)
Este domingo pasado algúns atletas da S.D. Albiósn participaron na XIII Carreira Lugo Monumental, entre eles Ramón de Xudán, Ana Glez Margaride (quen quedou segunda absoluta na categoría de mulleres), Bruno Bouza ou Carlos Aguiar que foi o autor dalgunha destas fotos e a quen lle agradecemos enormemente o envío.
Dase a casualidad que a carreira absoluta en homes ganouna Miguel Glez. Carballada, fillo de Tito Margaride e sobrín de Ana.
Tamén a atleta Paula Calvín desplazouse ata Friol para participar nos campeonatos galegos de cross quedando primeira do seu ano e octava na categoría, sendo outros atletas da Pontenova uns dos destacados neste caso os irmáns Catalin e Costel Dragomir.

Jornadas del Cocido - Bar Rony