jueves, 8 de diciembre de 2016

As clásicas Vespas tomarán a Praza dos Fornos na feira da Pontenova

Rivas Dasilva en Lourenzá coas vespas restauradas. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O laurentino de 41 anos Francisco Rivas Dasilva —mecánico de profesión e dende hai unha década, xefe dunha empresa de reciclaxe de residuos que traballa cos puntos limpos da comarca— é un dos principais coleccionistas de motos antigas de Galicia, sobre todo da marca Vespa. O tenente de alcalde de A Pontenova, Francisco Martínez, tivo a idea de propórlle participar este ano na décima edición da Feira da Artesanía e das Antigüidades. Deste xeito, os visitantes poderán ver expostos eses vehículos antigos restaurados e non só iso, senón ademais percorrer con eles a localidade o vindeiro sábado.
"Levo 20 anos con esta afección de reunir as máis bonitas e antigas Vespas e restauralas. Hai 26 anos fíxenme cunha Vespa de 1963 que está impecable, nin a pintei; pero a máis antiga que debo ter é unha de 125 e tres marchas, que data de 1956", comenta o laurentino que, pese ao grande valor que pode ter algunha destas vellas xoias no mercado, non parece disposto a vendelas. Quizáis o máximo que ten feito é algún intercambio: "Tiña unha Vespa 200 e cambiéina por un antigo coche da marca Mercedes, de 1982".
Comparte en facebook e axúdasnos a chegar a máis xente.