martes, 20 de diciembre de 2016

Agradecementos da A.C.D. As Minas

Os parrilleros (falta Taracho), o cortador do churrasco e a encargada do café
Desde a Asociación Cultural e Deportiva As Minas, unha vez rematado o “X Festival das Minas” queremos dar as gracias a unha serie de personas, organismos públicos e empresas privadas, xa que sin eles a celebración deste evento sería imposible de levar a cabo.

Ó Concello da Pontenova pola axuda económica, de personal e loxística, á Diputación de Lugo polo seu apoio a este tipo de eventos músico-culturais, ó Concello de Pol pola cesión da carpa que tan bon servicio nos deu este ano, ós Mineiros que son a razón de ser deste festival, ós comercios locais que colaboran con nos vendendo tickets para a churrascada, lotería e camisetas, ós amigos que nos axudan o día do festival, ós comercios e bares que nos deron algún donativo ou axuda, ós parrilleros do churrasco que fan unha labor enorme ano tras ano e pouco reconocida, a Dora do Reguengo artífice dese delicioso café que degustamos, os que nos axudaron na contratación dos grupos, ca publicidade e coas tarxetas da ruta, ós propios grupos que actuaron este ano e os pasados, ós medios que nos anunciaron, ós que pasaron pola directiva que en maior ou menor medida tamén aportaron o seu grao de area para chegar ós 10 anos de vida do festival, ós Grumires do Concello polo seu eficaz traballo, ós que poñen o festival de disculpa para vir ó pobo cada ano e ós asistentes en xeral que sodes a verdadeira alma deste festival e ó pobo e veciños pola gran involucración. E animar as asociacións a seguir dinamizando este maravilloso pobo, merece moito a pena traballar cando se ve unha resposta como a deste pasado fin de semana.
Unha forte aperta a todos. Para o ano que ven máis e mellor, mentras tanto disfrutemos do Nadal.
Comparte en facebook e axúdasnos a chegar a máis xente.