lunes, 28 de noviembre de 2016

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

A.D. CATRO ROLDAS 1 - SPORTING PONTENOVA 4

Sp. Pontenova: Rubenón, Luis, Villi, Hector, Bruno, Andrés Bouza, Borja (Roi), Jorge (Matelo), Tontxu (Ivan Fdz), Adrian Pasarín (Alex) e Puente (Cristian).

Goles: Borja, Pasarín, Tontxu e Andrés Bouza

O Sporting Pontenova consegui a súa 9ª victoria no que vai de temporada. Foi no Campo da Canteira (Román). Comezaba ben o partido para o cadro de Dani Moirón, levando o peso do partido e xerando ocasións claras. Sería Borja o primeiro en perforar a meta contraria no minuto 20, e pouco antes do descanso Pasarín ampliaba a vantaxe.

Na segunda metade saiu mal o equipo visitante e o Catro Roldas recurtaria diferencias no minuto 47, e achuchou a meta visitante, antes un Pontenova que se defendeu ben e sen pasar demasiados apuros. Xa no minuto 75 Tontxu ampliaba a ventaxa e Andres Bouza cun magnifico cabezazo cerraria o partido no minuto 85. 

Con este resultado o equipo continúa líder, a falta de duas xornadas para finalizar a primeira volta, con só duas derrotas e dous empates en 13 xornadas disputadas ata o momento. 

A vindeira xornada o equipo gualdinegro, despois de dous partidos consecutivos como visitante xogará no Campo da Mina contra o C.D. Cospeito, partido que terá lugar o sábado 10.12.2016 as 16:00h. Partido no que se espera gran afluencia de público para recompensar ao equipo por estas duas dificiles e importantes victorias a domicilio. 


 PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

SPORTING PONTENOVA 0 - C.D. FOZ 2

Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Juan, Alvaro, Anxo, Roi, Neira, Fran, Andrei, Cube e Ivan. Tamen xogaron: Marcos, Mateo, Pedro Vadin, Javi e Joselu


SEGUNDA NORTE ALEVÍN

S.D. PORTO BURELA "B" 5 - E.D.M./SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Paulo, Samuel, Isma, Iago, David, Paula, Mario e Kevin. Tamen xogaron: Diego, Ruben e Bruno.

¡AÚPA SPORTING!