martes, 15 de noviembre de 2016

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

"O Sp. Pontenova cae na casa co Iberia C.F. pero continua líder"

SPORTING PONTENOVA 2 - IBERIA C.F. 3

Xornada 11. Resultados e Clasificación
Sp. Pontenova: Ruben, Luis, Hector, David (Puente), Villi (Ivan), Roi (Jorgín), Andres Bouza, Tontxu, Adrian Pasarín, Borja e Matelo

Goles: Tontxu e Adrian Pasarín

O Pontenova caeu o sábado co Iberia aínda que segue mantendo o liderado. O equipo de Dani Moirón viuse sorprendido por un Iberia que aproveitou os erros do Pontenova para marchar 0-2 ao descanso.

Na segunda metade o Iberia, que vai ben de cabeza foi un auténtico frontón para os balóns longos do Pontenova, que acurtou distancias de penalti trasformado por Tontxu no minuto 58. Montoya lograba o 1-3 para o Iberia e cun golazo de Pasarín desde lonxe no último minuto pechabase o partido. O Iberia que está sendo moi irregular, estivo moi serio e gañou polos erros do rival.

Con este resultado o equipo gualdinegro segue lider, con tres puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, que agora é o Iberia C.F. 

A vindeira xornada o Sporting desplazase ao Municipal de Abadin, para medirse ao equipo local, nun partido que terá lugar o Sabado 19.11.2016 e que dará comezo as 16:15h. 


SEGUNDA NORTE AUTONÓMICA ALEVÍN

VIVEIRO C.F. "B" 5 - SPORTING PONTENOVA 3

Sp. Pontenova: Paulo, Marcos, Samuel, Ismael, Paula, Mario, Kevin, Leandro, Diego, Iago, David e Bruno.

Goles: Mario, Leandro e Samuel


¡Aúpa Sporting!