martes, 15 de noviembre de 2016

Pontenoveses correndo por Donosti adiante...


Como ven sendo habitual desde fai uns anos, en Noviembre un bon número de pontenoveses desplázanse ata Donosti para participar nunha das carreiras populares máis afamadas do país, a Behobia-San Sebastián que conta con 30.000 participantes chegados de todo o mundo.

Pois ata alí foron nesta ocasión Ramón de Xudán, Luís Mª Díaz, Begoña Alonso, José Vázquez (Sampa), Bruno Bouza, Rubén Ron e Santi Coladas, comandados coma sempre polo incombustible Ventura (jefe de expedición). Destacar que aínda que non correron tamén estuveron por terras vascas Miriam Rivas e Sergio Arango, animando ós atletas da Pontenova e disfrutando dun ambiente sin igual que se vive durante todo o fin de semana.
A parte dos resultados deportivos que foron bastante bos xa que todos os atletas melloraron marcas con respecto ó 2015, a experiencia unha vez máis foi moi positiva.

Por outra parte, e tamén moi destacable, foi a actuación de Ana Glez Margaride quen ganou na categoría de mulleres a carreira Viego Night Race Lugo e tamén o posto 53 acadado por Mateo Cabodevila (fillo de Manolo do Chino).









Comparte en facebook e axúdasnos a chegar a máis xente.