lunes, 31 de octubre de 2016

Sexta edición do Aberto do Ferro. A Pontenova.


Un ano máis a Praza dos Fornos foi o escenario perfecto para unha gran xornada de billarda. 
Na que foi a sexta edición do Aberto do Ferro acadouse o récord absoluto de participación nunha xornada da Conferencia NorLeste. Un total de 70 persoas loitaron para gañar o primeiro premio, unha magnífica navalla de Rodíl.
Este ano o gañador da categoría absoluta foi Xosé Collazo, de Laracha. O segundo clasificado foi Rubén do equipo Chainzos/Cadaval e terceiro Daniel, dos Billardeiros Musicais.
Na categoría feminina gañou Lola Eiras (Polka Miseria), seguida de Geni (Billardeiros Musicais) e Irea ( Carabullo).
O equipo gañador foi Billardeiros Musicais, con dous puntos de vantaxa sobre Chainzos/Cadaval.