miércoles, 26 de octubre de 2016

Actuación da Escola de Teatro de A Pontenova en Riotorto

Este pasado sábado a Escola Municipal de Teatro de A Pontenova representou no salón de actos da Casa de Cultura de Riotorto a obra de teatro “A pantasma do Pazo Tumbiadoiro”. Destacar que o citado salón quedouse pequeno ante a masiva afluencia de público do Concello veciño, quenes reiron e disfrutaron da posta en escena. Ó final da obra foron moitos os que se acercaron ó escenario a felicitar os actores. Aquí vos deixamos unhas cantas fotos cedidas por cortesía de Marita de Saldoira.











 













Comparte en facebook e axúdasnos a chegar a máis xente.